Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Axenda das Letras

Fin de semana intenso de Letras Galegas con actividades en sete concellos distintos

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal énchense de encontros na véspera do 17 de maio, día oficial

Plaza de Armas expo día letras galegas
Plaza de Armas expo día letras galegas
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Distintas entidades municipais e do tecido asociativo da zona continúan as programacións con motivo do Día das Letras Galegas 2026, que se conmemora este domingo 17. Neste sábado 16 xa estarán dispoñibles as dúas mostras propostas polo Concello de Ferrol, inauguradas onte na praza de Armas e no centro cultural Carvalho Calero, ademais doutra en Mañón e da oferta de máis actividades dispersas por Ares, Fene, Neda, Moeche e Pontedeume.

A exposición ao aire libre que está instalada, dende onte e até o día 28 en Armas (Ferrol), fai un percorrido histórico a partir dos textos que o escritor Henrique Dacosta incluíu no seu libro ‘Ferroláns na historia da literatura galega’ (Embora, 2006), actualizados polo autor para a ocasión.

Pola súa parte, os 21 paneis do Carvalho Calero repasan a vida e o contexto histórico e sociocultural de Rosalía de Castro, a primeira homenaxeada no Día das Letras, e permanecerá no centro cultural até o 25 de maio.

No territorio de Mañón tamén está aberta outra exposición, neste caso centrada na vida e obra da autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas deste ano, a xornalista e escritora Begoña Caamaño, que acolle a sala de actividades da biblioteca municipal dende o luns.

A segunda edición da Festa das Letras Galegas, que organiza a comisión de festas de San Roque de Ares na praza da Constitución, a partir da 13.00 horas, terá banda sonora das gaitas de Trouleada e comida a disposición (tradicional e hamburguesas). Ademais, ás 18.30 comezará o rock infantil e familiar de Pakolas.

O Centro Instrutivo, Recreativo e Social –CIRS– de Cervás tamén lanzou a súa proposta, acompañada do recordatorio de que a asociación está adherida ao manifesto de Queremos Galego e animando a asistir á manifestación de mañá. Tras proxectar o documental da RAG na memoria de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano, este sábado 16 haberá unha obradoiro creativo para nenos e nenas (12.00 horas) e unha sesión vermú a cargo de Vai Rañala Meu! (13.30), rematando coa tradicional comida de fraternidade.

Na programación das Letras Galegas do CMI Unidade de Fene inclúese hoxe, ás 20.30 horas, a presentación do libro gañador do XXXVIII Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé, ‘Vestiario’, obra de Paula Currás Prada, de Cambre. Ademais, o grupo de música tradicional As Pías porá ritmo co seu ‘Tradicorda’.

En Neda, a biblioteca municipal convida este sábado ao público infantil, ás 12.00 horas, a achegarse a ver o contacontos teatralizado ‘As letras que voan con nome de muller’, que non só rende tributo a Begoña Caamaño senón tamén ás autoras homenaxeadas nos anos anteriores.

Despois da conferencia da arqueóloga e antropóloga Ana Filgueiras no castelo de Moeche arredor dos hórreos, que comezará este sábado ás 12.30 horas, sortearanse lotes da obra de Begoña Caamaño entre as persoas que adquiran produtos no mercado municipal. Ademais, a xornada rematará con Teatro Ghazafelhos e a peza familiar ‘Iriña Bailarina’, no centro cultural Francisco Piñeiro, en Abade, ás 18.30.

Tamén o sábado, en Pontedeume a actividade comezará ás 12.30 co pasarrúas da AFC Orballo e continuará ás 20.45 horas na igrexa de Santiago, onde o Coro Alegre Intermezzo, Coral Polifónica Eumesa e Trasnochadores do Eume protagonizarán o concerto con motivo das Letras Galegas.

Domingo

O domingo, 17 de maio, celebrarase a xornada oficial por distintos concellos. Comezando por Ferrol, cumprirase coa homenaxe a Begoña Caamaño na AVV de Mandiá (17.00 horas), antes do concerto de Lenda Ártabra no Torrente Ballester (19.30).

Apelón Educación organiza a festa en Mugardos, no Ratón ou no Club do Mar se chove, onde en calquera caso está previsto o xantar (15.00). A xornada comezará cun obradoiro de baile galego para todos os públicos (11.30) e unha lectura da obra da homenaxeada (13.00), previa ao concerto de As Pías (13.30) e aos xogos populares (17.30).

No CMI Unidade de Fene haberá unha conferencia do escritor e crítico literario Mario Regueira sobre Caamaño (20.30), entrega de insignias aos socios veteranos e música de Estrelecer, antes de rematar con queimada e proia. En Valdoviño, na área recreativa das Forcadas, actuará Encrucillada (20.00) e en Cabanas o ritmo irá movéndose dende La Colmena (11.00), ao mesmo tempo que comeza a actividade infantil no Parque do Areal (até a 13.00).

Ademais, celebrarase o Cortexo Cívico de Pontedeume (con saída do Xardín ás 12.00), despois da entrega de premios do XXXVI Concurso de Contos, que este ano vai acompañada da presentación dun libro recompilatorio dos textos gañadores dende o 2021 ao 2026, na Casa da Cultura (11.00).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620