Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Calendario

Ferrolterra celebra as Letras antes do domingo por cinco concellos

Este xoves 14 convócanse distintas actividades en Canido, Narón e Ares; o venres en Ferrol e Valdoviño, e o sábado en Moeche

Antigo Hospicio homenaxe a Begoña Caamaño
Antigo Hospicio homenaxe a Begoña Caamaño
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Aínda que o Día das Letras Galegas se conmemora o domingo, os programas de actividades na honra da escritora e xornalista homenaxeada este ano, Begoña Caamaño, levan desenvolvéndose por distintos puntos da comarca xa dende o comezo do mes de maio ou incluso antes nalgún caso. Este mércores celebrouse o acto organizado pola Sociedade Cultural Medulio no auditorio do Antigo Hospicio de Ferrol, o concello no que se organiza un maior número de encontros, o xoves 14 en Canido.

Na conmemoración deste mércores, o público puido levar consigo un caderno cunha selección de textos xornalísticos de Begoña Caamaño, de quen falará esta tarde, a partir das 19.00 horas no centro cívico de Canido, a profesora Pim Patinho, que acompañou á autora en varias presentacións literarias na comarca. Por este mesmo motivo tamén estará na biblioteca municipal de Valdoviño, o venres 15 ás 19.30.

Voltando á cidade, o Concello de Ferrol inaugurará dúas exposicións para a conmemoración, ambas mañá: na praza de Armas, ao aire libre, ‘Ferrol nas Letras Galegas’, e no interior do centro cultural Carvalho Calero, no Inferniño, ‘Vida e obra de Rosalía de Castro’. O mesmo día, no centro social Artábria, ás 19.30 horas, lembrarase a Begoña Caamaño a través do espectáculo a ela dedicado ‘As Mil e Unha, a rádio nas ondas’. Esta proposta, na que participará a narradora oral Vero Rilo e o músico Luís Iglesias, realízase con entrada libre e contribución voluntaria (mínimo recomendado 5 euros), coa posibilidade de reservar no 614 205 672, até encher o aforo.

Comarca

Á marxe do espectáculo deste xoves 14 no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, ‘Repunantas’, que da inicio á conmemoración proposta polo Concello, nesta xornada continuará a programación municipal de Ares, que se inaugurou onte cun contacontos arredor das mulleres homenaxeadas nos 17 de maio. Desta volta será o Mago Charlangas o protagonista, que ofrecerá os seus trucos na biblioteca, ás 19.00 horas, dirixíndose ao público familiar. Ademais, o sábado 16 celebrarase a II Festa das Letras Galegas, a partir da 13.00 na praza da Constitución aresá, onde haberá comida e concerto infantil de Pakolas, ás 18.30, coa organización da comisión de Festas de San Roque.

Antes do domingo 17, o sábado, tamén comezará a programación cultural do Concello de Moeche con motivo das Letras, que se estreará o sábado coa conferencia da arqueóloga e antropóloga Ana Filgueras ‘Os hórreos, altares do vento’, ás 12.30 no castelo. Despois sortearanse lotes de obras de Begoña Caamaño entre as persoas que compren no mercado municipal, e ás 18.30 actuará Teatro Ghazafelhos no centro cultural Francisco Piñeiro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620