Ferrolterra
A Xunta aporta preto de 94.000 euros para a prestación do socorrismo
O DOG recolle as axudas coas que contarán os Concellos

As aportacións oscilan entre os 6.300 euros e os 11.300
AEIG
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución das subvencións a entidades locais para a prestación do servizo e vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións descubertas, concedidas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
No caso de Ferrol, Eume e Ortegal, disporán destas aportacións os Concellos de Ares (7.500 euros), Cabanas (7.500), Cariño (11.300), Cedeira (7.500), Mañón (8.303,76), Moeche (6.301,68), Monfero (4.165,87), Mugardos (7.500), Neda (7.500), Ortigueira (11.300), Pontedeume (7.500) e San Sadurniño (7.500).
En total, a inversión autonómica para as tres comarcas de Ferrolterra será de 94.871,31 euros.









