Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrolterra

Os alumnos galegos contarán desde 5ª de primaria cunha conta de correo oficial para comunicacións e uso educativo

Alumnos en el aula
Alumnos en el aula
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta dotará dunha identidade dixital a todo o alumnado dos centros públicos galegos, que contarán cunha conta de correo oficial propia para canalizar as comunicacións educativas e empregar nas situacións formativas que necesiten. 

Así o anunciou este xoves o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nun encontro con medios de comunicación para debullar o anteproxecto de educación dixital de Galicia, que arrinca agora o seu período de exposición pública coa idea de estar aprobada antes de que finalice este ano. 

Entre as novidades que incluirá esta lei está a dotación a todo o alumnado dunha conta de correo electrónico oficial, máis de 190.000 en cifras da Administración galega, que poderán empregar "para fins exclusivamente educativos" e para canalizar as comunicacións e interaccións co centro e os docentes. A norma establece, de feito, que as interaccións no ámbito educativo deberán empregar canles regradas. 

Esta conta de correo non terá, por tanto, carácter privado, e contará con medidas de supervisión e control para garantir o seu bo uso ou, pola contra, o alumnado poderá someterse a sancións. 

Outra das novidades que regulará esta lei é o dereito a desconexión de toda a comunidade educativa, tanto profesores como alumnado e familias, co obxectivo de limitar as comunicacións e requirimentos a unha franxa horaria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620