Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrolterra

A UDC publica o segundo volume da súa serie dedicada á poesía galaico portuguesa medieval

Presentación de 'Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo' da UDC
Presentación de 'Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo' da UDC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Universidade da Coruña acaba de presentar en Normal, o Espazo de Intervención Cultural da UDC, o libro 'Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo', editado polo Servizo de Publicacións da institución académica. Trátase do segundo volume dunha serie dedicada á poesía galego-portuguesa medieval que dá continuidade á primeira entrega, publicada en abril de 2025, centrada nas cantigas de amor.

A obra é resultado dunha investigación levada a cabo polos docentes da UDC e investigadores do Grupo ILLA (Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega) Manuel Ferreiro Fernández e Leticia Eirín García, xunto con Mariña Arbor Aldea, da Universidade de Santiago de Compostela; e Bieito Arias Freixedo, da Universidade de Vigo; baixo a coordinación de Manuel Ferreiro. O traballo recolle a edición das 501 cantigas de amigo galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais.

Este proxecto é froito dun intenso labor de investigación filolóxica iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1680 cantigas galego-portuguesas conservadas na actualidade, explican dende a UDC. O financiamento ministerial dos distintos proxectos permitiu a creación dunha plataforma dixital de acceso libre na que se pode consultar a edición completa de cada composición.

O volume impreso incorpora o texto crítico de cada cantiga, acompañado dunha paráfrase en galego actual, así como a indicación das fontes manuscritas e das edicións anteriores existentes. Ademais, inclúe un código QR que permite acceder á versión dixital completa de cada poema na plataforma Universo Cantigas. A terceira publicación recollerá as cantigas de escarnio e mal dizer.

“Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo” conta co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620