Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

Segue a pegada do “poliédrico” Castelao en Ferrolterra, que se rememora polo 2025

O homenaxeado deste ano a nivel galego publicou na cidade un dos seus libros referentes e tivo outros vínculos

Castelao en 1941, en Bos Aires, pintando máscaras para "Os vellos non deben de namorarse"
Castelao en 1941, en Bos Aires, pintando máscaras para "Os vellos non deben de namorarse"
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Ferrol organiza a homenaxe polo Ano Castelao, que se está a conmemorar durante todo o 2025, en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, especialmente pola súa orientación ao mundo do ensino. Por este motivo, amais da estrea de “Fantasía Castelao”, unha obra de Pim Patinho que se retransmitirá dende o Jofre a Bos Aires, a proposta presentada este martes inclúe a edición dunha unidade didáctica que está previsto repartir a próxima semana. Manuel Rei Romeu é o autor desta publicación e doutros sete libros centrados no escritor, debuxante e político, entre outros títulos do “poliédrico” rianxeiro, polo que é “unha persoa das máis competentes” tanto para este traballo como para repasar a pegada que deixou en Ferrolterra.

Deste xeito caracterizou o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, ao responsable da redacción deste texto, dirixido aos cursos de 3º e 4º de ESO, que achegará a figura homenaxeada aos lectores “tocando todos os campos de Castelao: político, social, artístico, literario...”. Así, mediante distintos escritos que van acompañados de exercicios prácticos, esbózase un legado que eleva o galeguismo e acada valores universais, como o antirracismo e o feminismo, destacados en capítulos que rememoran sentenzas como “O sol é único para todol-os homes do mundo” (“Sempre en Galiza”) e “Os homes son que fan as cousas e as mulleres pagámolas” (“Cousas da vida”).

Manuel Rei Romeu, cuxa última publicación sobre a vixencia desta icona galega é “Castelao, desta terra e deste tempo” (Tempo Galiza Editora, 2025), realiza unha retrospectiva sobre o seu paso polas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, distinguindo dúas etapas históricas diferentes.

Por unha banda, no período entre 1916 e 1930, que denomina “primeiro nacionalismo”, Rei Romeu fala dunha fase “culturalista” na que “Castelao é fundamentalmente un artista, pero moi consciente”. Neste momento, o protagonista conecta coa cidade a raíz do “proxecto estrela das Irmandades da Fala de Ferrol, que é Céltiga”, unha editorial coa que Castelao publica “Un ollo de vidro”, e posteriormente, lembra, veu acompañando unha mostra itinerante: “A exposición Nós faise en Ferrol no ano 22”.

“Castelao valora aquel galeguismo primeiro, das Irmandades, como algo moi plural onde cabía xente de ideas dispares”, resalta o profesor, “dende Lousada Diéguez a Xaime Quintanilla”, exemplifica. Este último, de feito, “home de ciencia e de arte ao mesmo tempo”, foi o Primeiro Conselleiro do colectivo, que convocou numerosos encontros por Ferrolterra como o que concretou en Meirás, en 1917. “Hai tamén moita preocupación polo teatro”, comenta, situándose nun momento no que a cidade vive unha importante etapa de dinamismo cultural e particularmente do teatro popular galego.

Non obstante, o percorrido de Castelao tamén pasa por unha segunda etapa, a do “nacionalismo de masas”, na que entra en xogo o Partido Galeguista, e que abranguería do 1931 ao 1936. Neste momento rodéase doutras figuras referentes como o filólogo ferrolán Ricardo Carvalho Calero, “o redactor do anteproxecto de estatuto do Seminario de Estudos Galegos”, rememora Manuel Rei Romeu, apuntando que o texto recollía que “Galiza será un Estado libre dentro da República Federal española”.

O especialista tamén destacou a importante presenza en Ferrol do partido que presidiu Nicolás García Pereira, que organizou numerosas actividades e apoiou protestas en concellos como os de San Sadurniño, Ortigueira e Narón. “Un acto importante que xa ten presenza de Castelao é arredor do 25 de xullo de 1933, cun abano de conferencias do máis variado: desde Carvalho Calero, Castelao, Suárez Picallo, Alonso Ríos, Risco, Iglesia Alvariño, Bello Piñeiro...”.

Neste momento “hai mitins por toda a comarca, mesmo en setembro do 33 temos actos en Maniños, nos que participa nun deles o propio Ramón Otero Pedrayo”, explica, destacando outro caso concreto, por resultar revelador desta etapa do nacionalismo: “na zona do Ortegal rexístrase un dos mitins máis multitudinarios de toda esta zona, para ser no rural, en Ortigueira, en Ponte de Mera, no que estivo Castelao, en outubro 1935”. Segundo o escritor, “falábase de 3.000 persoas”, que viñan de moi distintos puntos da zona de Ferrolterra para asistir a un encontro que compara co que actualemente podería ser un evento de fútbol, “todo engalanado con bandeiras”, ilustra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620