Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ano Oteriano

Unha homenaxe a Otero Pedrayo no Ateneo Ferrolán para despedir este Ano Oteriano

No encontro deste venres 6, que está aberto ao público, intervirán Patricia Arias Chachero e Xosé E. López Pereira, amais de proxectar un documental dirixido por María Xosé Bravo Bosch

Feira do Libro lectura de Otero Pedrayo
Homenaxe organizada polo Ateneo Ferrolán na Feira do Libro de Ferrol, a primeira de Galicia, que tivo lugar no mes de abril
Daniel Alexandre
beowner620V2
COLIMA 620v2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Ateneo Ferrolán será o escenario este venres 6, a partir das 18.30 horas, dunha homenaxe ao escritor e político Ramón Otero Pedrayo, ao que se dedica a nivel galego este 2026, baixo a denominación de Ano Oteriano. Neste encontro serán protagonistas, como ponentes, Patricia Arias Chachero e Xosé E. López Pereira, respectivamente, secretaria e presidente da Fundación Otero Pedrayo.

Con motivo do remate da mesma conmemoración que o ano pasado rendiu homenaxe a Castelao, o Ateneo convida ao público a este encontro, que será presentado polo presidente da entidade anfitrioa, Xabier Montero Dongil, e contará coa presenza do concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far.

Ademais das distintas intervencións, no acto proxectarase o documental ‘Otero Pedrayo, dereito á paisaxe’, dirixido por María Xosé Bravo Bosch.

Realmente esta é a segunda homenaxe que promove o Ateneo Ferrolán neste 2026, despois da lectura colectiva dos seus textos que se desenvolveu na Feira do Libro de Ferrol, co lema de ‘Galicia, a historia que dorme nas pedras’. Así mesmo, Patricia Arias Chachero voltará a disertar no seu centro cultural despois da charla que deu polo Ano Castelao, no que falaba da relación deste con Pedrayo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620