A ‘bluseira’ británica Dani Wilde chega ao Jofre este sábado cunha proposta persoal e universal
Estará acompañada de tres músicos con ampla traxectoria

Dani Wilde Band, o proxecto liderado pola ‘bluseira’ británica que lle dá nome, subirá este sábado ás táboas do teatro Jofre ás 20.30 horas nun recital que mesturará os acordes máis persoais da artista coa aportación internacional dos músicos que estarán con ela, empezando polo ser irmán, Will Wilde.
É unha das personalidades do panorama do blues rock máis recoñecidas do Reino Unido e compartirá escenario en Ferrol con Steve Rushton —batería e percusionista, tamén multiintrumentista, compositor e productor— e con Matthew Gest, que deixou a súa pegada en proxectos dalgúns dos grandes nomes da historia da música, como David Bowie, ABBA ou Ronnie Wood, un dos membros de The Rolling Stones.
Cunha “voz poderosa e chea de matices”, como destaca o Concello, Dani Wilde ofrecerá en Ferrol un concerto “elegante, intenso e profundamente honesto”. As entradas, desde 12 euros, están á venda na billeteira e en Ataquilla.com.












