Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Idiomas

Ampliado o período de matrícula da Escola de Idiomas de Ferrol para cubrir prazas vacantes

O mesmo ocorre nas seccións de Cedeira e As Pontes

Imaxe dunha clase especial na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
Imaxe dunha clase especial na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
Daniel Alexandre
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Escola de Idiomas de Ferrol, así como o resto de delegacións e as seccións de Cedeira e As Pontes, veñen de prolongar o prazo de matriculación unha semana, que nun inicio pechaba o día 18. Así, co obxectivo de cubrir as prazas que quedan vacantes, dende o centro formativo establecen como nova data límite este venres 25, como máximo, ás 23.59 horas.

Na páxina web da Escola de Idiomas (www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol) pódese atopar unha nova ligazón para formalizar a inscrición coas datas actualizadas, un trámite que se realiza completamente de xeito telemático, sen necesidade de achegarse ás instalacións para entregar ningunha documentación.

Esta ampliación do prazo atangue tanto ao alumnado matriculado no pasado período académico 2025/26 en clases ordinarias como en cursos de destrezas, que son monográficos de 30 ou 60 horas, con sesións un ou dous días por semana.

Seccións

As seccións da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol en Cedeira e As Pontes, que teñen a súa sede física nos IES Punta Candieira e Castro da Uz, respectivamente, contan tamén cos seus correspondentes apartados na páxina web da súa central.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620