Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Festas de San Xurxo

Los Limones e churrascada para estrear tres días de festas na parroquia ferrolá de San Xurxo

O domingo rematará a celebración cunha sesión vermú longa co Dúo Karamba

Los Limones en concerto na rúa Real de Ferrol
Los Limones en concerto na rúa Real de Ferrol
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A comisión de festas da parroquia ferrolá de San Xurxo comeza este mesmo venres 17 unha das xornadas máis intensas do ano co inicio da celebración, durante tres días consecutivos, na honra da virxe do Carme. Para esta primeira noite, a partir das 21.00 horas, está prevista unha churrascada amenizada coa música dos emblemáticos Los Limones e tamén un DJ.

Despois de aproveitar as racións de churrasco a 13 euros, a cargo de El Jardín, o sábado a festa farase oír xa ás 9.00 co percorrido pola parroquia dos gaiteiros, co grupo Trouleada, e ás 14.00 coas bombas de palenque de Millarengo, que precederán o comezo da sesión vermú, media hora máis tarde, a cargo de La Tremenda.

Esta formación tamén será a encargada de animar a verbena nocturna, a partir das 23.00 horas, continuando despois coa música de Disco Móvil CDC.

Para despedir a edición, ao día seguinte (domingo 19) e seguindo o mesmo horario volverán tirarse bombas para que ninguén esqueza a derradeira sesión vermú, desta volta en versión longa, co Dúo Karamba.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620