Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Gurméndez despide o curso centrado na identidade galega

As directoras do curso, Esperanza Piñeiro e Asunción López, interviron na terceira e última xornada do curso

Clausura Gurméndez
Aneiros e Ares co equipo organizador do curso
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Logo de tres intensas xornadas, este venres clausurouse no Campus Industrial de Ferrol a vixésimo sétima edición do curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez

A cita, organizada polo Club de Prensa co patrocinio da Universidade da Coruña, Concello, Deputación e Xunta, pechou unha entrega que analizou a realidade de Galicia desde varias ópticas

Despois de tratar temas de historia, lingua, a Galicia rural e a exterior, teatro, pesca ou cine nas dúas primeiras sesións, na derradeira xornada as directoras do curso, Esperanza Piñeiro de San Miguel e Asunción López Arranz, despedíronse protagonizando canda súa palestra. 

Tradicións

En primeiro lugar, baixo o título ‘Imaxinario popular galego’, a historiadora e directora de ‘FerrolAnálisis’, Esperanza Piñeiro, destacou a necesidade que todo colectivo ten de pertenza a un grupo e de exhibir os seus símbolos e tradicións. 

Neste sentido, lembrou todo tipo de personaxes que tanto abundan na comarca de Ferrolterra e tradicións polas que desfilan mouros, sereas, trasnos, lobishomes, moradores das augas ou lugares máxicos espallados por toda Galicia. Para Piñeiro, “os mitos son un xeito de explicar o mundo, a alma de moitas culturas que transmiten valores e a identidade dun pobo”. 

Tras dar conta do proceso de cristianización que experimentaron moitos ritos pagáns no fondo de numerosas tradicións hoxe católicas, Piñeiro lembrou a modernización de lendas e tradicións da man de grandes escritores como Álvaro Cunqueiro ou a homenaxeada no Día das Letras Galegas da presente edición, a xornalista Begoña Caamaño. 

Dereito civil

Pola súa banda, a profesora de Dereito Asunción López Arranz ofreceu unha distendida conferencia verbo das características do Dereito foral, ou civil, galego. Arranz alabou un tipo de legalidade adaptada aos costumes do pobo galego, desde hai un par de décadas recollida tamén hoxe na Lei 2/2006 e que encaixa plenamente na Constitución. 

Trátase, explicou, dun Dereito centrado en temas como sucesións, herdanzas, propiedade comunal ou patrimonio familiar que, segundo sinalou Arranz, “busca que exista paz” e consolidouse coa práctica, autónomo, ordenado e con forte arraigo. Para a xurista “é un exemplo de paradigma lexislativo que transforma usos e costumes campesiñas para adaptarse a un cidadán do século XXI”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620