Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Carlos Gurméndez reivindica as posibilidades de Galicia na súa xornada inaugural

O curso de pensamento e comunicación comezou este mércores no Campus Industrial de Ferrol

inaugura en el salón de actos del campus el curso carlos gurmendez
Un momento de la inauguración, esta mañana
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Despois de analizar nas anteriores citas o fenómeno da globalización ou as migracións, o curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez regresou este mércores na súa 27ª edición ao salón de actos Concepción Arenal del Campus Industrial de Ferrol para analizar claves e realidades da situación de Galicia hoxe.

Baixo o título xenérico de “Galicia, identidade e gobernanza no mundo actual”, a cita organizada polo Club de Prensa de Ferrol contou na súa palestra inicial coa presenza do prestixioso catedrático de Historia Ramón Villares, expresidente do Consello da Cultura Galega.

Nunha intervención abeirada á relación entre Galicia e América, Villares destacou o traballo tanto dos emigrantes como dos exiliados, para soñar e construír política e culturalmente unha peculiar identidade de Galicia. Falou dos seus símbolos (himno, bandeira, etc.), da creación de escolas e da defensa política de Galicia no contexto de Galeuzca e da España republicana, a través do Consello de Galiza, e o proxecto de futuro democrático, con nomes como os de Castelao, Seoane ou Díaz Pardo entre moitos outros tanto emigrados como exiliados. Sintetizando a súa conferencia, Villares afirmou que “sen América Galicia non podería comprenderse. Alí se fixo riqueza pero tamén se descubriu a cultura de Galicia e incluso a súa propia lingua”

A continuación, a propósito deste último tema interveu o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, que falou dos retos aos que se enfronta hoxe o galego. Debullando as diversas leis e plans verbo do galego, así como a súa complicada situación coa perda de falantes e de habilidades de alumnos que en teoría o estudan no ensino. Monteagudo fixo unha reflexión sobre a importancia da lingua como elemento definidor da identidade e da cultura galega ao longo da historia, con referencia á situación actual do galego e á súa problemática proxección de futuro, falou tanto da relación co portugués así como do agardado novo Plan Xeral de Normalización Lingüística que a Xunta está a piques de presentar “e que tanta falta fai en ámbitos como o deportivo, o empresarial o no eido das novas tecnoloxías”.

Ramón Villares: “Sen América Galicia no podería comprenderse”

Xa pola tarde as ponencias pasaron da Galicia rural á da exterior, nos dous casos con elementos máis positivos do que podería parecer. O ciclo contou coa presenza do profesor da UDC José Manuel Andrade Calvo que nunha palestra inzada de datos partiu dun territorio rural para falar das súas transformacións. A intervención analizou a realidade do rural galego nas últimas décadas, poñendo o foco na súa dimensión económica, territorial e identitaria. Partindo da perda de peso do emprego agrario, Andrade trazou un panorama protagonizado polo papel do rural como espazo produtivo clave para Galicia, con especial atención aos sectores agroalimentario destacando por cantidade o “moi rendible sector leiteiro”, o forestal-madeira, vacún de carne ou vitivinícola. Advertindo, iso si, que de non ordenar o territorio “o lume encargarase de ordenalo como todos sabemos”.

A súa intervención propuxo unha lectura do rural galego non como espazo residual ou nostálxico, senón como unha realidade “chea de falsos tópicos” en transformación clave para comprender a identidade, a economía e o futuro de Galicia.

Finalmente, o profesor da UDC e director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), Chistoph Schreinmoser analizou a posición de Galicia no escenario internacional a través da súa acción exterior e dos instrumentos que lle permiten proxectarse alén das súas fronteiras, fundamentalmente en Europa, no espazo da Lusofonía e en América. Partindo do marco xurídico e institucional existente, o analista abordou o papel dos diferentes actores implicados na internacionalización de Galicia, desde as institucións públicas ata o tecido económico, académico, social e a propia diáspora. O profesor concluíu falando sobre as oportunidades que se abren para reforzar a proxección internacional de Galicia nun mundo crecente de interdependencia.

O curso foi presentado na xornada matinal pola vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, as súas directoras Esperanza Piñeiro de San Miguel e Asunción López Arranz, así como a directora do Club de prensa de Ferrol, Xulia Díaz, todas elas lembraron a figura de Carlos Gurméndez e puxeron en valor unha actividade de “debate, reflexión e pensamento crítico”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620