Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Mon Fernández: “O goberno do PP está a fialo todo a unha cuestión de imaxe”

O candidato á Alcaldía polo BNG sinala que a organización está no mellor momento das dúas últimas décadas

Mon BNG
O candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol, o pasado venres
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Mon Fernández –1975– encabezará a candidatura do BNG á Alcaldía de Ferrol. O deputado autonómico desde 2020 faino co “orgullo” de ter sido elixido pola asemblea por unanimidade e tamén coa responsabilidade de fortalecer a alternativa ao PP.

¿Ser o primeiro candidato confirmado ás eleccións de 2027 dálle unha vantaxe sobre o resto? 

Non creo que sexa unha vantaxe. Aí funcionan os tempos internos de cada organización. O noso caso responde a unha lóxica moi simple: temos un portavoz que leva moitos anos e que é unha referencia consolidada na cidade que di que non se vai presentar e, desde a consideración de que había que dar un cambio e elixir alguén que non estivera na política municipal, era necesario facelo canto antes.

É militante desde hai moito tempo e deputado desde 2020. Pensou que este momento podía chegar? 

Desde os vinte e pico anos que milito no BNG concorrín en moitas ocasións nas listas das municipais, pero facelo encabezando a candidatura non é algo que tivera en mente. Cando xorde a posibilidade, para min é un orgullo moi grande que os compañeiros e compañeiras confíen desa maneira, por unanimidade. Ademais, en canto se anunciou percibimos un ambiente moi positivo. É unha satisfacción.

Está o BNG no seu mellor momento dos últimos vinte anos? 

Sen dúbida. Ademais, creo que o é por motivos obvios: a organización estase consolidando como unha alternativa clara ao Partido Popular. Non hai máis que erguer a vista e ver a política estatal: asusta. Agradécese que non teñamos necesidade de optar entre uns e outros, ter a posibilidade de elixir por que Galiza teña voz e alégraste de que houbese unha xeración que puxo isto a andar e que as seguintes fosen capaces de mantelo a flote.

Que diagnóstico fai de Ferrol e que pode aportar o BNG se chega á Alcaldía ou ao goberno? 

Se dicimos que vai ser aire freso é moito máis ca unha frase feita. Por unha parte, a política estatal non pode encapsularse en Madrid porque transcende e aféctanos, e en todos os ámbitos, tamén no municipal, é moi necesario que haxa forzas con conviccións, con principios e cunha vontade clara de servizo ao pobo. E nós temos un historial do que presumir e estar orgullosos. Ese aire fresco ten que chegar a todas as institucións. E no concreto, estamos convencidos de que Ferrol é moito máis do que se está promocionando, este palco VIP para que os cruceiristas se fagan selfies. Os barrios están sen atender, e non só é unha cuestión de beirarrúa e de bache, senón tamén de política cultural, servizos sociais... Estase fiando todo a unha cuestión moi de imaxe cara a galería.

“Todo o mundo ten claro onde está a orixe desa certa melloría: os ciclos de Ferrol acompañan sempre a carga de traballo de Navantia”

Vailles resultar difícil convencer á cidadanía de que Ferrol ten moitas carencias tendo en conta que percibe o desenvolvemento de proxectos urbanísticos de gran magnitude? 

Creo que non porque da certa melloría que se nota en Ferrol todo o mundo ten claro onde está a orixe: hai carga de traballo militar e todos sabemos que os ciclos de Ferrol acompañan a carga de traballo de Navantia. Despois hai un fenómeno do bum da vivenda que provoca que se vexa actividade, pero esas dúas cuestións xa a coñecemos: sabemos que eses ciclos teñen unhas caídas tremendísimas, polo que o que temos que facer é actuar con intelixencia, con previsión, para que isto non sexa flor dun día. E, no caso concreto da vivenda, que non expulse á xente dos barrios. Rehabilítanse edificios –promocións de iniciativa privada, nos que a Xunta e o Concello non pintan case nada– pero os prezos son inasumibles para a maioría social. Hai máquinas traballando, si, pero a xente ten esa sensación moi vívida de para quen...

No caso dun proxecto concreto, o Sánchez Aguilera, por onde ten que ir o seu desenvolvemento

Queda un ano de mandato e non sabemos o que poderemos atoparnos de aquí aló. Pode ser outra das herdanzas envelenadas de Rey Varela, como algunha das que xa deixou no seu primeiro ciclo. Falar do Sánchez Aguilera en días coma estes de calor, a calquera dálle para facer unha reflexión: as cidades necesitan zonas verdes e frescas. Esa parcela, dixémolo desde o primeiro momento, podería ser un pulmón verde no corazón da cidade que vertebrara diferentes barrios que hoxe teñen unha comunicación atravesada. Coa perspectiva de que Ferrol pode recibir a fábrica de SAIC a demanda de zonas verdes grandes aínda é maior. Non sei se pode parecer algo hiperbólico, pero en Manhattan do que máis orgullosos están é do ‘skyline’ e do Central Park. E nós aquí poderiamos ter o noso Central Park que podería ser a envexa de todas as cidades galegas.

Cal é o modelo de mobilidade do BNG? 

Dá a sensación de que os últimos gobernos non se atreveron a dar pasos por se se suscitaba algún tipo de polémica que eu non vexo. Non vexo polémica en recuperar os barrios e as rúas de Ferrol. Non creo que presentando un proxecto dialogado con todas as partes e atendendo a todos os intereses que pode haber no centro haxa un problema. Nós queremos un centro para as persoas? Si, pero queremos un centro con comercio. Hai que falar coa hostelería, coas persoas que vivimos no centro e non temos garaxe... Que facemos cos coches? Onde os deixamos? A mobilidade na comarca está como está e en moitos fogares da cidade xa se necesitan dous vehículos para moverse. Non se poden lanzar ideas en abstracto ou facer unha proba e volver para atrás. O Concello de Ferrol ten as competencias e a obriga de dar o primeiro paso: construír ou promover novas zonas de aparcamento, restrinxir o acceso dos coches ao centro para facer unha cidade máis vivible e desfrutable...

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620