Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Chamorro

Veciñanza e asociacións unidas polos petróglifos de Chamorro

A AVV de Vildóniga organizou este sábado 20 unha xornada de limpeza da zona, coa colaboración doutras entidades, antes da ruta e cea de convivencia

AAVV Casa Das Juntas salida ruta petroglifos
O roteiro divulgativo, que constituíu a parte central da xornada, saíu da asociación de veciños
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Arredor dunha trintena de persoas xuntáronse este sábado 20 na última parte dunha xornada organizada pola asociación veciñal de Viladóniga-Vilasanche co obxectivo de revalorizar e dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico que conservan as pedras do monte de Chamorro. Por este motivo, o encontro, ao que se sumaron outras entidades locais, comezou cunha xeira de rozadura para limpar de vexetación a contorna dun dos petróglifos que hai neste territorio ferrolán, que dataría da Idade do Bronce, quedando neste momento “á espera de que o Concello nos reciba porque se quería pedir un convenio de colaboración para que anualmente destinen unha partida para mantemento das rutas”.

Integrantes de Betula (Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico), Ferrolterra Antiga e o centro social Artábria participaron nesta xuntanza con veciños e outros particulares interesados, como foi o caso de Pablo Alonso. Este voluntario lembrou que o gravado que se limpou nesta ocasión “estivo moi cerca do incendio que houbo na romería, que parou xusto ao lado”, polo que o obxectivo principal da limpeza era retirar toda a materia vexetal desta zona, para evitar que volva prender o lume “porque se colle moita temperatura, a pedra pode escachar, entón pode erosionar o petróglifo”.

As persoas participantes nesta xeira foron convidadas á cea final, que estaba aberta ao público co obxectivo de axudar na recadación de fondos, e os cartos conseguidos onte “van custear unha parte dos paneis informativos, que xa temos os permisos de Patrimonio e dos donos da ermida e do monte”, indicou o voluntario, para que no futuro calquera poida localizar este petróglifo que, actualmente, “non está sinalizado, hai moita xente que non sabe onde está”.

Precisamente, para darlle a volta a este descoñecemento, a parte central da xornada consistiu nun roteiro familiar divulgativo para amosar os petróglifos que hai no monte.

Proxecto

Esta actividade forma parte dun proxecto a longo prazo para Chamorro, coa instalación de paneis informativos e a creación dunha ruta por estes puntos de interese, que podería complementarse tamén con outras ideas de asociacións implicadas como a plantación de árbores autóctonas, e revalorizar así “o patrimonio inmaterial que é a romería e ese culto, que seguramente é anterior ao cristianismo”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620