Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Historia

A "cara oculta" do Ferrol ilustrado sae á luz en Canido na 'Xornada de descolonización e memoria' contra o relato oficial

Neste encontro poñerase o foco na man de obra forzada utilizada no s. XVIII

Detalle da pintura de Mariano Sánchez do Arsenal de Ferrol na que se ve unha cadea de presos (á esquerda)
Detalle da pintura de Mariano Sánchez do Arsenal de Ferrol na que se ve unha cadea de presos (á esquerda)
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O centro cívico de Canido será o espazo no que se celebre este xoves 18, a partir das 19.00 horas, a ‘Xornada de descolonización e memoria’ que revisita a historia da cidade de Ferrol dende un punto de vista decolonizador e co obxectivo de afrontar un proceso reparador da mesma. Germán Labrador Méndez, Marcos Abalde, Eliseo Fernández e Celia Fernández serán os encargados de intervir nun encontro que explicita a prohibición de paso aos “publicistas do pasado que secuestraron o relato” e dá a benvida nomeadamente ao historiador Bernardo Máiz.

As catro voces protagonistas seguirán o mesmo número de eixos temáticos incluídos no programa: Esteiro e Subalternidade, Contra o parque temático e a amizade dos museos do esquecemento, A Matriz Extractiva e Antipatrimonio e Acción.

Nesta xuntanza ve a luz o chamado Ferrol Subalterno, que ten o obxectivo de construír unha imaxe da cidade “radicalmente democrática e crítica”, destapando capítulos da súa historia “fronte a unha patrimonialización que quere reducir o noso pasado a un escenario de consumo turístico e ‘fachadas ilustradas’, nós propoñemos os conflitos como herdanza”.

Da mesma maneira, a través desta ‘Xornada de descolonización e memoria’ ponse o foco no proceso de construción que se levou a cabo no século XVIII atendendo concretamente a cómo “os muros do Arsenal non os ergueu o progreso. Levantounos a man de obra forzada”, tal e como se trata de exemplificar cunha pintura que data desa mesma época, de Mariano Sánchez, na que se distingue unha ringleira de presos fronte á porta da Sala de Armas das instalacións militares.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620