Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Exposición

Fotografía e xornalismo nunha exposición en Ferrol na que “o rural fala por si mesmo”

Afundación acolle a mostra ‘Habitar o baleiro’, só unha parte dun proxecto multiplataforma con fotografías de Brais Lorenzo, incluídas as do premio World Press Photo 2026

Afundación Brais Lorenzo Alba Moledo e Paloma Vela Habitar o Baleiro
A xornalista Alba Moledo e o fotoxornalista Brais Lorenzo, cunha serie representativa do Entroido, un dos protagonistas que debía seleccionarse polo seu simbolismo vencellado ao agro
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Sabedores de que non sería unha tarefa sinxela, o fotoxornalista Brais Lorenzo e os xornalistas Cláudia Morán, Alba Moledo, Sergio Pascual, Manolo Broa e Lucía Abarrategui, entre outras profesionais, veñen de abrir un espazo de reflexión e debate que pon na palestra o seu “proxecto 360 graos”. Baixo o nome de ‘Habitar o baleiro’, este traballo inclúe unha exposición itinerante que, despois de visitar distintos museos de referencia en Galicia, neste momento exhíbese na sede ferrolá de Afundación

Este proxecto colectivo naceu de xeito orgánico, pola obrigada observación dun oficio documental como o de Brais Lorenzo, que comezou acompañado de Javier Fraiz. “De feito, o nome de ‘Habitar o baleiro’ é deste compañeiro, que despois por circunstancias tivo que baixarse do proxecto”, lembrou o fotoxornalista, recapitulando como se foi nutrindo o equipo.

Trátase dun “proxecto xornalístico multiplataforma” que non só inclúe esta mostra itinerante senón tamén outros elementos como reportaxes escritas e un documental que aínda está en proceso. Na exposición, as fotografías acompáñanse de textos e códigos QR para acceder a todas as historias en profundidade. Ademais, van asociadas a citas textuais que, na súa maioría, foron recollidas dos protagonistas mesmos das imaxes: “o rural fala por si mesmo” nesta proposta, expresou a xornalista Alba Moledo.

Para dar pé a todo isto, que aínda continúa desenvolvéndose, foron precisas un sinfín de relacións persoais con xente que ‘habita o baleiro’, vínculos que se estreitaban con cada visita e que enriqueceron as historias contadas, do mesmo xeito que fixo o propio paso do tempo transcurrido entre un encontro e outro.

Percorrido

Ao iniciar o itinerario proposto nesta exposición, o visitante imprégnase de esperanza e espírito creador: “mulleres que apostan por vivir no rural, que teñen diferentes proxectos”, entre as que se atopa un localizado no concello de Mañón, en Grañas do Sor, xa que “sempre intentamos que teñan un pouco de relación cos lugares que acollan a mostra”, explicou Lorenzo.

Neste aspecto detívose igualmente Moledo, no “papel das mulleres, que foi importantísimo para vertebrar o rural, e a súa resistencia, sobretodo antes, pero hoxe en día tamén”, destacou, sinalando que elas foron as que “sostiveron o campo” durante anos de intensos procesos migratorios, e actualmente son elas as que están a dirixir boa parte das novas iniciativas que nacen nestes territorios.

Continuando o percorrido, atópanse outros protagonistas como “un home neo-rural”, en palabras do fotoxornalista, “señores que teñen máis de 90 anos e que aínda traballan cun arado” ou rexistros da recuperación da tradición da malla, que se realiza por distintos puntos de Galicia, incluíndo esta comarca, e no caso das imaxes nesta mostra relaciónanse coa preservación das pallozas.

Tamén se fai fincapé nesta escolma a atención primaria, o despoboamento e as problemáticas que está sufrindo o sector marisqueiro por mor da contaminación e baixada da produción, “unha cuestión que tampouco se está falando creo que o que se debería pero está en un momento crítico”, resaltou o fotógrafo. E non podía obviarse “o rito e celebración por excelencia do rural, porque antes todas as aldeas tiñamos o Entroido”.

Ademais, unha parte fundamental son os incendios, que “en Galicia sempre houbo, o que pasa é que agora son os megaincendios, de sexta xeración, que cada vez son máis preocupantes”, “unha problemática moi ligada ao despoboamento, ao abandono rural e do medio”. Nesta mostra, a de maiores dimensións até agora, “incluímos por primeira vez en Ferrol as imaxes da vaga de lumes do 2025, que son os máis grandes da historia de Galicia” e, nun caso concreto, tamén o maior de España.

Do negro ao branco, na última parte despídese ao visitante somerxéndoo outra vez nunha cara luminosa, na que, por exemplo, un ceo cheo de estrelas conecta co proxecto de vinagres artesanais que continúa Brais Lorenzo como legado de seu pai.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620