Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Evento por Palestina

O anfiteatro das ‘Rosas’ de Caranza, escenario do evento artístico ‘Seis horas con Palestina’

Música, pintura e fotografía serán algúns dos ingredientes desta xornada cultural que se celebrará o sábado 13

El mercado de Pontedeume se llena en solidaridad con Palestina
Encontro gastrocultural en solidariedade con Palestina, no mercado de Pontedeume
| Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Música, fotografía, pintura e moito máis encherán a praza do anfiteatro dos edificios coñecidos como ‘As Rosas’, no barrio ferrolán de Caranza (Veciñal 2 Bloque 6, na rúa Alcalde Quintanilla). Este encontro, que contará coa participación de recoñecidos artistas e outras personalidades da comarca, celebrarase este sábado 13, a partir das 12.00 do mediodía, baixo o nome de ‘Seis horas con Palestina’

O evento que organiza a Global Sumud Galiza, Ferrol con Palestina e o movemento BDS ofrecerá actuacións musicais como as de Tania, a voz do grupo de ska Sr.X, e Óscar Quant, de Quant ou outras formacións máis recentes como Batalha.

Até as 18.00 horas, haberá tempo de compartir un xantar, así como de aproveitar outras actividades como unha exposición fotográfica. Para facer realidade esta cita, tamén participarán Karlotti, Carmen Martín, Antón Cortizas, Estrela Viñas, Celso Posada, Marcelo, Lupe Ces e Ramiro Carrodeguas.

Ademais, en ‘Seis horas con Palestina’, unha iniciativa na que se reclama a liberdade das 10 activistas secuestradas en Bengasi (Libia) e o cese do xenocidio, estarán presentes os membros da Flotilla Global Sumud que foron apresadas do mesmo xeito cando se dirixían cara Gaza.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620