Espectáculo familiar
Cris de Caldas relata en Caranza ‘Contos da Tribo’ con música en vivo para o público familiar
Para asistir a este espectáculo gratuíto do programa Apego é preciso reservar praza enviando un correo electrónico

Cris de Caldas cos seus 'Contos da Tribo'
Apego
O centro cívico de Caranza será este mesmo martes 9 o escenario do programa Apego en Ferrol, que organizan Servizos de Normalización Lingüística de distintos Concellos.
Ás 18.00 horas comezará o espectáculo de Cris de Caldas ‘Contos da Tribo’, unha proposta que combina narración oral, formación e exposición de libros, e que trata de crear comunidade arredor da lectura. Para asistir hai que reservar praza no correo electrónico gnl@ferrol.es.










