Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Educación

O caso da alumna do Belén con dependencia que non pode ir ás excursións chega ao Parlamento de Galicia

Aitor Bouza, deputado do PSdG-PSOE, trasladará a preocupación amosada pola familia

Imaxe de recurso capturada no colexio Belén
Imaxe de recurso capturada no colexio Belén
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

No Parlamento de Galicia escoitarase o caso dunha alumna do colexio Belén de Ferrol, da man do PSdeG-PSOE, que esixirá á Xunta a plena inclusión da totalidade do estudantado nas excursións e actividades extraescolares. A situación foi trasladada pola propia familia da afectada, que a día de hoxe ten recoñecido o segundo grao de dependencia.

Tal como explica o deputado socialista Aitor Bouza, por este grao de dependencia, á alumna non soamente lle correspondería unha persoa coidadora para as sesións que se localizan na aula senón “tamén para todas aquelas actividades extraescolares que se desenvolvan por parte do centro educativo, para que a alumna non quede excluída” das mesmas. Esta reclamación veu despois de reunirse coa nai da afectada, que está “absolutamente preocupada” polo cumprimento efectivo, “de maneira real”, dos principios de inclusión educativa.

“Despois de escoitar esta situación”, sinala Bouza, “imos trasladar esta cuestión ao Parlamento, e, polo tanto, preguntarlle á Xunta de Galicia se pensa facer algo para solventar de maneira inmediata esta situación”. Así mesmo, o deputado matiza que “a día de hoxe aínda hai solucións posibles”, pensando en que “temos ata o día 15 que comeza esa excursión” para a rectificación desta “pasividade absoluta”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620