Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Festa en Canido

O AgroCabaré regresa con trece actuacións durante todo o día na horta de Canido

A partir das 11.11 horas deste sábado irase avisando á veciñanza co comezo dunha batukada polas rúas do barrio ferrolán

Esta quinta edición estará presentada pola música Bea García, que este 2026 obtivo o Premio La Room
Esta quinta edición do AgroCabaré estará presentada pola música Bea García, que este 2026 obtivo o Premio La Room
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este mesmo sábado 6 celébrase a quinta edición do AgroCabaré, a iniciativa que transforma a horta comunitaria de Canido nun salón de variedades ao aire libre, ao que se accede con billeteira inversa. Música, varios tipos de teatro, circo, baile ou “títeres subversivos” son só algunhas das disciplinas que subirán á tarima desta volta, ao longo dunha xornada completa que ofrecerá paella con opción omnívora e vegana para que ninguén perda folgos.

O encontro que organiza o colectivo Opa Cabaré en colaboración coa Asociación Veciñal comezará ao ritmo da batukada de Sons de Canido, que percorrerá as rúas do barrio a partir das 11.11 horas, con vistas a comezar as actuacións ás 12.30. Non obstante, o equipo advirte de que os horarios son orientativos.

Artistas

O AgroCabaré estruturarase en tres tramos e o primeiro está previsto que abranga até as 15.00, cando se sucederán as actuacións de Sofijeich (música), Rebeldes y Revoltosos (teatro musical da Rock School Center de Ferrol), Jaxxay Abel (circo) e Canido Hoppers (baile). Despois dun primeiro sorteo, sairán a escena As Tres Nebrosas (performance cómica/crítica) e David L.H. & The Blowing Cow (Blues & Swing Campestre).

Estreará a seguinte quenda, de 15.00 a 17.00 horas, a música de Charmless (DJ), e, se non espertara xa o apetito farao coa demostración de cociñas solares de Picos do Sol, que precederá ás actuacións de Trécola Produccións (“títeres subversivos”) e de Odoluscofusco (teatro circense), así como a outro sorteo, que se repetirá tamén na despedida.

De 17.00 a 20.00 está previsto que pechen esta edición Fredi Muíño (clown), Marinita y sus Maromas (cabaré e teatro drag) e, novamente, a pinchada musical de Charmless.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620