Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oferta FP 2026/27

Actualizada a FP na comarca con dous títulos de nova oferta este ano en Ferrol e As Pontes

Tamén se mantén a experiencia piloto do ciclo de Mantemento de vehículos do ciclo Básico para adultos

Demostración nas Xornadas de Orientación 2026 no Auditorio de Ferrol
Demostración nas Xornadas de Orientación 2026 no Auditorio de Ferrol
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Aínda que nesta área territorial descende, a oferta de Formación Profesional para o curso 2026/27 aumenta en todas as provincias galegas. Entre as novas titulacións atópanse unha no CIFP Leixa, en Ferrol, que corresponde ao grao Medio de Emerxencias sanitarias, e no IES Moncho Valcarce, nas Pontes, o Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade. En ambos casos pertencen á modalidade Dual Xeral (antes denominada Ordinaria) e contan con 22 prazas.

A pesar de que a oferta ascende nun 1,46% na provincia da Coruña, na área de Ferrol recóllense un total de 4.114 prazas para este curso, que son 31 menos que o pasado, o que supón un descenso do 0,75%.

Os ciclos de FP Acelerada, unha modalidade exclusiva de Galicia que concentra a formación nun período de catro a seis meses e que proporciona unha certificación profesional que pode convalidarse para obter un futuro título formativo, impártense en Ferrol, Cedeira e Pontedeume.

En canto á FP Básica para Adultos, enfocada á capacitación profesional e á reinserción académica de persoas que abandoaron o sistema educativo no seu momento, mantense a experiencia piloto que se implantou este ano no CIFP Ferrolterra, no que se volverá impartir a especialidade de Mantemento de Vehículos.

Ademais, impártense 22 titulacións diferentes de FP Dual Intensiva, antes denominada soamente co primeiro termo, nos concellos de Ferrol, Fene, Pontedeume e As Pontes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620