Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Xulio Ríos: “Precisamos reindustrializarnos e hoxe o socio ideal para posicionarse en industrias de vangarda é China”

o fundador do Igadi asegura que a “prospección” chinesa do Golfo Ártabro principiou hai moitos anos

Xulio Ríos
Xulio Ríos, con Xulia Díaz, nun acto no Ateneo hai uns anos
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Xulio Ríos é unha das voces galegas e españolas máis autorizadas para falar sobre a superpotencia asiática e, de feito, é asesor emérito do Observatorio de la política china.

En que contexto chega SAIC a Ferrolterra, tendo en conta que será o seu primeiro investimento en Europa?

O enfoque de China é un enfoque europeo e a perspectiva que ten China nestes momentos, en relación, sobre todo, á Unión Europea é a necesidade de dar pulo a unha nova etapa na relación económica bilateral, en que fronte á visión europea, que pon o acento no déficit comercial de mercadorías, China pon sobre a mesa tamén o comercio dos servizos ou os investimentos. Neste caso, os investimentos, na medida en que exista algún tipo de acordo estrutural entre China e a Unión Europea, son unha dinámica que vén para quedar e para acentuarse. A elección de España, e de Galicia en concreto, é unha boa noticia que, dalguna maneira, vén capitalizar unha traxectoria de anos, posto que a presenza de China en Galicia non é de agora. Está a facer unha aposta por España a nivel político que, no caso da automoción, tamén ten unha significación produtiva importante ano eido europeo e global. E, no tocante a Galicia, tamén hai unha aposta transatlántica, logo non é só o mercado europeo, senón tamén, probablemente, a visión do mercado americano. Aí hai un salto cualitativo na percepción das relacións bilaterais entre China e a Unión Europea e, probablemente, o de SAIC non vai ser o único investimento deste tipo e, de feito, falábase tamén de Hungría e outros máis que estarán madurando. Hai que ter en conta que este tema de Ferrol leva xa moitos anos e co porto exterior lembro que hai cousa dunha década xa viñeran delegacións chinas para explorar a situación e ver a potencialidade do Golfo Ártabro para desempeñar un papel económico importante.

A percepción da cidadanía e, sobre todo, do mundo empresarial galego e ferrolán con respecto a China é positiva e hai moita receptividade. É así? 

É que eu creo que en China tamén se deu un salto cualitativo moi importante na súa dinámica de investimento exterior. Nunha primeira etapa, o que facía era adquirir terras en África e en América Latina para producir alimentos a fin de asegurar a súa subministración; houbo investimentos en minas e en moitos temas ecoloxicamente sensibles, por exemplo. Houbo un segundo salto importante coas rutas e con todo o que ten que ver coas infraestruturas, estradas, portos, aeroportos etc. que está a levar a cabo en practicamente todo o mundo, cousa que non fan nin Estados Unidos nin a Unión Europea, nin tan sequera Xapón. E agora estamos nunha nova fase, na que esa condición de China como vangarda tecnolóxica en moitos campos vai ter unha repercusión a nivel global moi significativa. Isto permítelle reforzar a súa imaxe a nivel global porque é difícil non ver isto como positivo cando se trata de investimentos en zonas moi desindustrializadas que historicamente teñen experimentado procesos traumáticos, no caso de Ferrol desde hai corenta anos. Así, todas estas novas dinámicas, con este tipo de industrias que nos unen a un sector de vangarda, cando estamos aínda achegándonos ao epicentro da revolución tecnolóxica, teñen unha importancia estratéxica fundamental. Ter un socio destas características como China, se isto se xestiona ben, unímolo con outros investimentos en Galicia e reforzámolo a nivel político cun diálogo directo e activo coas autoridades de China –non só coas empresas–, indubidablemente pode ter un impacto maior nos próximos anos. Entón, eu isto non o vería como unha anécdota, senón como o froito dunha traxectoria doutros investimentos nos últimos anos dos que en China debe haber unha valoración positiva. Temos a necesidade de non velo só desde a óptica económica ou empresarial, que me parece importante, senón de arbitrar medidas desde o político para aseguralo e amplialo.

“Falo do sistema político chino como ‘eficracia’ porque é a lexitimación do sistema a través da eficiencia. O noso é máis garantista e os espazos de participación máis amplos"Xulio Ríos, fundador do Igadi

De modo que poderían chegar outros investimentos, aínda que fala dunha traxectoria previa... 

Falamos de investimentos no Porriño, o grupo Puentes, Albo etc. e tense explorado outras posibilidades. Ás veces dise que China nos vende de todo e nós non lle vendemos nada, pero é que nos producimos moi pouco porque a globalización o que fixo foi desindustrializarnos, entón se vendes alimentos, eles cómpranche alimentos, pero o resto, se o producen eles e máis barato non cho van comprar. O que necesitamos é reindustrializar e hoxe o socio ideal para posicionarse en industrias de vangarda é China, sen dúbida.

Logo se o proxecto de SAIC sae ben virán outros investimentos da mesma magnitude, pero nese “saír ben” entra ser máis áxiles cos prazos de tramitación? É determinante para eles? 

A celeridade é importante, pero debemos de ter en conta que ese tipo de malentendidos xa maduraron un pouco, é dicir, as dinámicas de xestión económica en China son moi diferentes ás dos países occidentais, e a tradición de investimento no exterior é moi recente, con moi pouca experiencia. Ata hai moi poucos anos China captaba investimento exterior e apenas investía fóra Houbo anos en que, efectivamente, China non coñecía o terreo, non tiña esa experiencia de xestión cos países occidentais, coas economías occidentais, e iso ten xerado problemas. Eu creo que todos aprendimos un pouco dese contacto e as autoridades económicas de calquera país saben cal é o guion e como o debe aplicar. Pola súa banda, China sabe que ten que ter certa paciencia para que as actuacións se leven a cabo con garantías e se eviten en reveses a futuro: o marco político alí é moi diferente do de aquí. En China as autoridades toman unha decisión e aplícana cunha rapidez abraiante. Eu falo do sistema político chino como “eficracia” porque é a lexitimación do sistema a través da eficiencia. No noso caso divagamos moito porque é un sistema moi garantista, dá moitas voltas, hai moitos intereses a ter en conta e hai uns espazos de participación moito máis amplos, pero a China interésalle garantir a solidez de calquera decisión e que non haxa logo pasos atrás. Creo que hai un punto en que nos podemos encontrar a medio camiño entre as garantías de aquí e as demandas de eficiencia de alá. Hai que ter en conta tamén que este é un contexto particular porque a decisión de investir neste sector en Europa involucra a máis países, de tal xeito que hai unha especie de carreira ou de competición onde postulantes hai un feixe, logo é moi importante tomar nota do contexto e ser áxiles nas decisións: con garantías, pero con axilidade. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620