O Museo do Pobo Galego vai de ruta guiada por Ferrol, cun aparte para Carvalho Calero
Amais de visitar puntos como Exponav, o Casino ou San Felipe, a comitiva realizará un percorrido dedicado exclusivamente ao ilustre ferrolán, con música e poesías nas ruínas de San Francisco

As personas asociadas ao Museo do Pobo Galego, coa súa sede en Santiago de Compostela, realizarán o sábado 30 un percorrido guiado por distintos puntos de Ferrol, que será conducido polo profesor e doutor Francisco Rodríguez. O itinerario partirá ás 8.30 horas da capital galega, onde voltará despois da última actividade, programada a partir das 19.00.
O público incorporase á visita na dársena do colexio La Salle compostelán ou na rúa da Rosa, calculando a chegada a Ferrol ás 9.45 horas, e o primeiro destino será o museo de Exponav, ás 10.30, seguido do teatro Jofre.
Carvalho
Dende o Museo do Pobo Galego organizan o roteiro ‘Ricardo Carvalho Calero’, que sairá ás 12.15 do Jofre para chegar á Praza Vella, e polo camiño irá pasando por lugares de relevo na vida do profesor e escritor ferrolán, incluíndo o recitado e musicado dos seus poemas diante das ruínas da súa casa natal.
A partir da 13.30 está programada a visita aos murais da peceira do Casino Ferrolano, obra de Bello Piñeiro, un percorrido polo Cantón e o xantar en Casa Alexo. Despois, a comitiva sairá a Monteventoso, o castelo de San Felipe e, se hai tempo, de volta na cidade, coñecerá a Casa do Patín, Fontelonga e o barrio de Esteiro.










