A cultura xitana inclúese no programa contra o abandono escolar exposto no IES de Catabois
No marco do programa 'Impulso Mentor', o alumnado de 1º e 2º de ESO recibiu onte unha visita institucional da delegación da Xunta

O alumnado de 1º e 2º da ESO do IES de Catabois recibiu este mesmo xoves 28 unha charla institucional no marco do programa contra o acoso escolar da Xunta de Galicia, ‘Impulso Mentor’. Esta iniciativa, que forma parte da estratexia de inclusión educativa do goberno autonómico, conta coa colaboración da Fundación Secretariado Xitano e apela directamente a esta cultura en parte das actividades desenvolvidas polos centros, que se dividen en mentorías, sesións grupais e clases de reforzo fóra do horario lectivo.
Ao IES de Catabois achegáronse o director territorial de Educación, Santiago Freire, e a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, que destacou iniciativas coma esta “que tenden pontes e demostran, unha vez máis, que todos somos iguais e debemos ter as mesmas oportunidades”. Tamén nesta liña, a Consellería ten a disposición do sistema educativo unidades didácticas sobre a historia e cultura do pobo xitano, adaptados a Infantil, Primaria e ESO.
‘Impulso Mentor’ inclúe mentorías dunha selección de entre tres e cinco alumnos, sesións grupais impartidas por experimentados na cultura xitana e reforzos educativos de dúas horas á semana.










