Entregados os premios Poesía e Imaxe para comezar unha semana de ‘Teatro con G’ no Jofre
O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística organizan estas actividades
Os premios da XXVI edición do certame Poesía e Imaxe entregáronse este luns 25 no auditorio do centro cultural Carvalho Calero, situado na praza do Inferniño, e por mor das obras no edificio tívose que adiar a inauguración da tradicional exposición de obras gañadoras. Seleccionáronse un total de 30 traballos, dos que soamente catro foron presentados á categoría audiovisual, puidendo presentarse alumnado de Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, ciclos de Formación Profesional e Centros de Educación Especial, así como a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, que este ano se presentou por primeira vez.
‘En Galego, sen filtro’ é o sobrenome desta iniciativa organizada polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, derivado da particularidade desta proposta: os e as concursantes deben seleccionar unha poesía dun catálogo para crear unha peza artística que a acompañe, un texto que foi traducido, dende moi diversas linguas ao galego, directamente, sen ningunha outra lingua intermediaria.
“O máis importante é todo o que este certame deixa: ilusión, aprendizaxe, emocións compartidas e o orgullo de formar parte dunha comunidade educativa que aposta pola cultura, pola lingua galega e polo talento da súa mocidade”, valorou na entrega de premios Patricia Cons, concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, ademais de felicitar ás persoas galardoadas.
En total, foron seleccionados os traballos de alumnos e alumnas de 17 centros educativos do concello de Ferrol: A Laxe de Valón (con dous premiados, que escolleron as linguas orixinais mapuche e galega), o CPI Atios (náhuatl, galego e mapuche), Arenales Compañía (mapuche), Cruceiro de Canido (mapuche), Almirante Juan de Lángara y Huarte (kamsá e bielorruso), Pazos-Mestre García Niebla (mapuche), San Xoán de Filgueira (náhuatl e chinés), Ludy (galego e náhuatl), Isaac Peral (castelán), Belén (mapuche), IES de Catabois (mozárabe), Ferrol Vello (bielorruso e portugués), Sofía Casanova (galego), Concepción Arenal (bielorruso), Saturnino Montojo (galego), Terra de Ferrol (castelán, portugués, náhuatl, krioulu-kaboverdianu, galego e bielorruso) e Escola Oficial de Idiomas (galego e zapoteco).
Teatro
O Jofre é un ano máis o escenario de ‘Teatro con G’, outra iniciativa do Concello e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística que busca dinamizar o uso do idioma galego entre as novas xeracións, neste caso por medio das artes escénicas.
Despois de estrear o cartel o mes pasado da man dos CEIPs Ledicia e Eladia Mariño, este xoves 28 serán as compañías do IES Terra de Trasancos, Saturnino Montojo e Ricardo Carvalho Calero as encargadas de subir ao emblemático escenario ferrolán coas obras ‘Despertade ao Himno’, ‘O achado do castro’ e ‘Unha primavera para Aldara’, respectivamente. Para a vindeira cita haberá que agardar a outubro.
Gañadores do Poesía e Imaxe 2026
Ademais de tres candidaturas colectivas, na categoría de Educación Infantil despuntaron Greta Charlón Pita, Vera Bellón Márquez e Rita Corbato Barros.
De 1º a 3º Primara seleccionouse a Pepa Casal Romeu, Andrea López Jorge, ao grupo formado por Úrsula Bousa de la Vega, Eva María Cabaleiro Carranza, Coraima Camacho Monteiro, Ányela Fernández Fernández, Yamiley Gabarre Monteiro, Enzo Gonzalo Moreno, Vera Guerreiro Basoa, Darkiel Peña Sebastián, Bruno Romero Teijido, Ahmed Sarfraz Nazir, así como Marelin Yoleisy Descartes Yuasen.
Na seguinte categoría de Primaria (4º a 6º) gañaron Adriana López Sueiras con Emma Veiga Castro, Laura Ortega Ramos, Ana Núnez, Alejandro Aragunde Aneci e África Alfonsín López.
A sección de ESO outorgou galardóns a Bechrouri Kaoutar, Blanca Arroyo Hermida e Pablo Fernández López, e no caso de Bacharelato o premio foi para Amalia Pena Bustabad. Do mesmo xeito, houbo unha única gañadora na categoría de ciclos, Sabina Mimbrera Garrido.
Pola parte dos CEE, seleccionáronse os seguintes autores de obras grupais: Alex Escobar Beiro, Matheus Silva Ferreira, Felipe Pereira Correa, Elena Carreja Iglesias, Adriano Imbernón Brañas e Kike Moreno Martínez; Nerea López ,Claudia Rodríguez, David Fernández, David Sancho e Manuel Dapoza; Carla Barreiro Zahradnikova, Iker Caneiro Fernández, Álvaro Florencio Ríos, Katya López Castro, Marcos Negrete Barrioluengo e Nerea Picos Nassutti; Cristian López Jiménez e Paula Ruíz Sánchez; Alejandro Sanmartín Martínez, Yaiza Seijas Pardo, Ashly Jiménez Vargas e Firdaouss Belasry.
A sección dedicada á EOI leva o nome de María José Iñiguez Uria, e a centrada nos audiovisuais premiou a Xoán García López; Xabier Vázquez Terrón, Icía Olivares Sánchez, Iván Pérez Pérez, Martina Anca Pico, Marco López Mella e Natalia Navaza Pérez; e a Miguel Centeno Otero, Shania López Gallegos, Javier Luaces Serantes, Luis pérez Fernández, Martín Ruso Vigo, Hugo Gabryel Alves Bueno, Jaime Otero Rodríguez, Miguel Pita Hermida con Nicolás Paz Pereira.










