Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Iván Rivas | “Ferrol non precisa que lle boten unha man, senón que lla quiten do pescozo”

Tras máis de 15 anos en primeira liña da política local, o líder do BNG ferrolano anunciou o pasado mércores que non repetirá como candidato

Iván Rivas
O portavoz do BNG de Ferrol, Iván Rivas
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O pasado mércores, día 13, o portavoz do grupo municipal do BNG, Iván Rivas Rico (Pontenova, 1976), anunciou en rolda de prensa que non repetiría como candidato da formación nas eleccións de 2027. Con esta decisión, poñía data ao final dunha traxectoria de máis de tres lustros no Concello de Ferrol. Agora, coa tranquilidade de saber que o proxecto político que axudou a reflotar segue adiante, aborda con Diario de Ferrol a evolución do territorio nestes 15 anos e que atesora desta experiencia.

Despois de 15 anos na corporación municipal, como é o primeiro día de vida despois de comunicar ese ‘bombazo’?

O primeiro día de vida tampouco é moi distinto ao anterior, quero dicir, eu tiven que ir traballar, desenvolver as miñas labores cotiás, pero é certo que a sensación que tes é de máis relaxación.

Sinalou durante o anuncio que non se presentaba por motivos profesionais e persoais. Pode elaborar máis sobre isto?

O outro día o que viña a explicar é que na vida hai etapas, se tes a sorte de vivilas. E eu nese aspecto considero que son unha persoa afortunada. Dicía tamén que para min política é unha paixón, forma parte da miña vida dende hai moito tempo. Seguramente, o que son, mellor ou peor, deriva da miña participación política, pero creo que outro aspecto que me define tamén, para ben ou para mal, é a miña paixón pola miña profesión, pola arquitectura, e, nese senso, ese é uno dos argumentos. O outro, o orientaba desde a perspectiva de que houbo situacións que me levaron a facer alguna reflexión ao respecto de como orientar os próximos anos. E xuntando un pouco todas estas variables, creo que era o momento.

Viviu catro mandatos diferentes en todo este periodo. Que destacaría deles?

Creo que Ferrol ten moitas virtudes, tanto desde o punto de vista material como social, e creo que é unha cidade moi política. Nestes catro mandatos, tres aos que me teño presentado como candidato, se teñen dado no pleno debates que probablemente non se terían dado en ninguna outra cidade do país, como pode ser a posibilidade que plantexamos de mudar o nome da praza de España, que suscitou unha especie de revolución a nivel estatal, case como se fose unha especie de ofensa na que parecía que estabamos a facer un crime de lesa humanidade. Produto diso, lembro que houbo un tertuliano que me fixo un poema no cal acababa dicindo “este concejal es tonto”. O curioso é que ese tertuliano, que se chama Juan del Val, é alguén que a súa orixe é galega, que ten un apelido castelanizado pero que seguramente era do Val. É dicir, hai unha vontade ou cando menos un sustrato político na cidade, que creo que é co que me quedo. Tamén os que se teñen dado ao redor da traída dos restos de Franco a cidade, os que temos ao respecto de relacións que mantemos co Estado, tanto no referido ás infraestructuras ferroviarias, co Ministerio de Defensa, ou outro tipo de problemáticas, non se dan noutras cidades. Quizáis isto tamén é o producto de que Ferrol é unha cidade moi condicionada pola dependencia doutras administracións. Por non entrar na cuestión obreira de todos os conflitos que se teñen producido dende hai moitísimo tempo.

Como é o Ferrol de agora en comparación co de 2011?

O contexto político é moi diferente. No ano 2011, hai que pensar que estamos inxeridos nunha suposta crise financiera na cal parecía, ou cando menos se nos estaba intentando dicir, que se ían mudar os marcos da política, que naquel momento se desenvolvía noutros termos. É certo que había unha situación de inestabilidade, de fraxilidade das institucións, e iso a día de hoxe está como subsumido. Pero hai, como algo aí latente, no cal é evidente que daquelo aínda estamos sufrindo as consecuencias e está minando moitas das situacións que estamos a vivir como sociedade. Creo que dende aquela até hoxe a situación se foi agravando por moitas causas. Chegado ao momento actual, estamos a ver como se asume con normalidade que os problemas se poidan resolver mediante a forza, mediante o inicio de guerras, mediante secuestros de presidentes lexítimos, ou mediante xenocidios como o que acontece en Gaza. Parece como que hai un evidente retroceso no que é a maneira de actuar. Pero desde o punto de vista formal, da apariencia, de como se visualiza iso no discurso político, estamos nun nivel moi plano, pouco incisivo. Entón, creo que estamos nun momento de mudanza, nun novo ciclo.

Agora xa desde fora, que agarda, en termos xerais, do futuro de Ferrol?

Creo que Ferrol é unha cidade extraordinaria, e que esa potencialidade non acabamos de sacala á luz. Se cadra un pouco porque o que necesitamos non é que nos boten unha man, senon que nola quiten do pescozo. E o que agardaría do futuro é que todas esas virtudes que ten esta cidade poidamos ser capaces de reorientalas para que iso revirta en beneficio de toda a veciñanza. Levo moitos anos dicindo que, tanto desde o punto de vista cultural como patrimonial, arquitectónico, urbanístico e mesmo paisaxístico, Ferrol é unha cidade espetacular. E agardo que nun futuro non moi lonxano todo iso sexamos capaces de aproveitalo en beneficio de todos e de todas nós.

Queima a política municipal?

A política é absorbente, tanto desde o punto de vista intelectual como físico, e sobre todo cando estás na primeira liña de actuación. É moi exixente. Iso queima? Eu creo que son un afortunado. Queiman situacións que viven moitos dos veciños e veciñas que non poden acceder a unha vivenda. Queima non ter un traballo ou uns recursos mínimos para poder sobrevivir. Queima non ter unha perspectiva de futuro. Iso queima. Isto é exixente. Absorbente. Temos que calibrar e situar as cousas na súa xusta medida.

Cando o BNG chegou con Xaime Bello ao goberno foi algo moi único. Que condicións terían que darse para ter algo similar?

Son momentos distintos. No momento no que chega Xaime Bello a Alcaldía da cidade, o BNG estaba en xeral nun proceso de emerxencia, tanto a nivel galego como estatal. Naquel momento, o BNG tiña tres deputados no Congreso. Despois, Esquerda Unida, ou ese espectro político, estaba nunha situación moi baixa. E despois, creo que a sociedade daquel momento era diferente. Era unha época distinta e, se o vemos con perspectiva, aquel goberno foi o mellor que houbo no século XXI na cidade. Pódese volver a repetir esa situación? Eu creo que si. Nós pasamos unha situación moi difícil cando asumín a responsabilidade de presentarme ás eleccións. O BNG estaba nun contexto local no que existía a posibilidade incluso de perder a representación na corporación, como así aconteceu noutras cidades do país. E, a día de hoxe, estamos nun contexto no que nas últimas eleccións municipais fumos a única organización política que incrementou o número de votos. O que quero dicir é que o BNG está nunha situación de ascenso e de incremento de apoio social. O futuro, en todo caso, está condicionado por moitas outras circunstancias que serán as que determinen cal é o resultado final. Pero, bueno, creo que o contexto non é malo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620