Concertos das Letras
A música tradicional de As Pías ambienta Ferrolterra este 17 de maio, que en Fene comeza un día antes
O grupo, cun marcado arraigo na comarca, tamén actuará nos concellos de Ferrol e Mugardos

As Pías interpreta pezas tradicionais galegas arranxadas polo grupo, de composición propia e de autorías amigas
Cedida
Esta semana das Letras vén intensa para o grupo tradicional As Pías, cun forte arraigo na comarca que xa se advirte no seu propio nome ou no feito de contar con proxectos locais como Cuerdafloja Producciones e Ferror Records para lanzamentos como o recente videoclip 'Hei de ir á túa seitura', dispoñible neste enlace de Youtube.
A banda ambientará a presentación do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, o sábado 16 ás 20.30 no CMI Unidade de Fene, e ás 22.00 estará no bar O Son de Cociña de Perlío. O domingo 17 tocarán á 13.30 no Cantón de Cora de Mugardos, dentro do acto do 17 de maio de Apelón Educación, e ás 17.55 no local social de Mandiá, da man das AAVV da Zona Rural de Ferrol.










