Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Presentación

A mitoloxía galega exponse para calquera idade no centro social Artábria

'Bestiário' é a obra que presentarán este xoves 14 os autores Ánxel Huete e Vítor Vaqueiro

Fotos Artábria
Fotos Artábria
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

‘Bestiário’ é o título do libro que virán presentar este xoves 14, ás 20.00 horas no centro social Artábria, os autores Vítor Vaqueiro e Ánxel Huete. Esta obra ilustrada, publicada por Nêspera Editora, ten a particularidade de expoñer a mitoloxía galega dun xeito adaptable a calquera idade.

Vaqueiro, que asina os textos, e Huete, responsable da interpretación gráfica das criaturas, compartirán co público o proceso creativo e algunhas das claves do percorrido que propoñen polo imaxinario mítico galego.

Son case medio cento os seres que se presentan neste ‘Bestiário’, entre os que se atopan mouras, biosbardos, saca-untos, trasnos, Coca e Urco. Nas descricións de cada un inclúense algúns dos datos máis salientábeis e en numerosos casos establécense relacións con outros personaxes semellantes procedentes doutras culturas.

Autores

Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) formouse en Ciencias Químicas e a súa traxectoria profesional foi mudando até acabar na fotografía, ademais da literatura, e de ter sido director do Aquivo Pacheco.

O artista plástico e activista sociocultural Ánxel Huete (Ourense, 1944) foi membro do grupo Atlántica e formouse en escolas de Barcelona, Berlín, Nova York.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620