Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Videojuegos

‘Renegade Jammer’, primeiro videoxogo do Campus de Ferrol en expoñerse dentro do MUVI

O primeiro museo aberto en España dedicado ao sector vén de asinar coa UDC un convenio de colaboración

Antigo alumnado do máster que se imparte na localidade, coa coordinadora, Luz Castro, no BCN Game Fest
Antigo alumnado do máster que se imparte na localidade, coa coordinadora, Luz Castro, no BCN Game Fest
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia e a Universidade da Coruña –UDC– veñen de asinar un acordo de colaboración que posibilita preservar, catalogar e divulgar as demos creadas polo alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol –EPEF–. O primeiro proxecto que se incluirá na exposición permanente deste centro será ‘Renegade Jammer’, gañador dos premios ao Mellor Xogo Indie no Lérez Up (Pontevedra) e a Mejor Juego Académico no BCN Game Fest (Barcelona). 

Coa materialización deste convenio multiplícanse as posibilidades de aproveitamento dos videoxogos que nacen como Traballos de Fin de Máster –TFM– do estudantado que cursa a titulación de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, que se imparte no Campus Industrial de Ferrol.

Así pois, por medio da EPEF, a UDC enviará anualmente as demos dos xogos para ser preservadas en formato interactivo no Museo do Videoxogo –MUVI–, o primeiro aberto en todo o territorio estatal centrado na historia destas creacións, acompañadas da información ao respecto.

O acordo ten o obxectivo de promover os videoxogos como un medio de creación cultural, artística, tecnolóxica e industrial, ademais de impulsar a formación especializada neste eido, a investigación aplicada e a transferencia de coñecemento dende o sector académico.

Segundo valoran dende a UDC e a Fundación Museo do Videoxogo, a colaboración posibilitará o recoñecemento da experimentación e o desenvolvemento universitario como unha nova tipoloxía de videoxogo galego, digna de preservación e estudo. Por este motivo, o MUVI xa está traballando na incorporación desta categoría ás bases de datos públicas e na futura inclusión no arquivo da Biblioteca de Galicia, así como nos rexistros de DeVuego.

Pioneiros

A primeira demo que se verá beneficiada por esta iniciativa, ‘Renegade Jammer’, desenvolveuse entre os cursos 2023/24 e 2024/25, e foi presentado como TFM por Manuel Sanjurjo Penas, que se especializou na produción, cinemáticas e animación; Álvaro E. Martos Suero, na programación de Gameplay e VFX; Gael Alberto Quintela, Game Design e son; Andrea V. Salgado Errada, Concept Artist 2D e texturizado; Andrea Alonso Montes, Concept Artist e UI, e David Muradás Gallardo, iluminación, 3D Artist e Set Dressing.

O videoxogo que estreará este acordo de colaboración, que, ademais, permitirá aos artífices participar nos eventos nos que habitualmente colabora a Fundación, xira arredor dunha serie de personaxes principais que deben irromper nas instalacións dunha compañía, dedicada ao estudo das mutacións xenéticas con fins pouco éticos, que ten repartidas por varias galaxias, co obxectivo de boicotear os seus sistemas informáticos e deter a súa actividade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620