Convocatoria
Os creadores do Land Rober retoman as gravacións no Jofre e buscan público para as novas datas
A produtora Tunai fai un novo chamamento para os vindeiros días

Fachada do teatro Jofre no que se realizan as gravacións
Daniel Alexandre
O programa televisivo ‘Como ser feliz. Bi Japi’ continúa gravándose no teatro Jofre, este mesmo martes 12 e mércores 13, de 18.15 a 21.00 horas. Aínda que as persoas que desexen participar deben inscribirse antes, tamén está previsto que haxa entradas en taquilla para quen desexe achegarse o propio día.
A produtora Tunai, responsable doutros contidos da TVG como o popular Land Rober, busca público para estas e as vindeiras datas (os días 19, 26 e 27). As persoas interesadas, maiores de 16 anos, deben enviar os nomes e apelidos, idades e DNIs ao WhatsApp 604 028 385.










