Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Inaugurada a mostra de Xoán Braxe no Torrente Ballester, unha arte que “non se vende”

Xa está dispoñible a exposición do autor do monumento ao 10 de marzo, entre outras obras con compromiso social

Exposición de Xoán Braxe,Torrente Ballester
O acto de apertura celebrado onte contou cunha gran cantidade de público 
Martín Barreiro
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Até o 5 de xullo permanecerá nas salas Fernando Álvarez de Sotomayor e Maruja Mallo a exposición antolóxica que se inaugurou onte no centro cultural Torrente Ballester. Son máis dun cento de obras de Xoán Braxe coas que se trata de achegar ao público á traxectoria dun ferrolán que destaca, ademais de pola calidade e variedade da súa produción, pola coherencia entre a súa arte e as súas ideas, que son as dunha persoa “progresista, feminista, ecoloxista e galeguista”.

Exposición de Xoán Braxe,Torrente Ballester
Exposición de Xoán Braxe,Torrente Ballester
Martín Barreiro

Este é un dos aspectos que destacou o seu xenro, Santiago Lago, que participou na presentación en representación da familia, antes do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e despois do concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, que foi quen lembrou que a mostra de Braxe constitúe “a terceira gran exposición” na que colabora o Concello, que vén tras as antoloxías de Sergio Vázquez e Segura Torrella.

Louvanza

Pode que fora contra os desexos do autor, segundo indicou o propio familiar, que non puido evitar louvar o seu sogro nun discurso do que debería terse ocupado “a alma desta exposición”, Beatriz, filla de Xoán Braxe.

Exposición de Xoán Braxe,Torrente Ballester
Exposición de Xoán Braxe,Torrente Ballester
Martín Barreiro

Correspondendo coa perspectiva científica de quen fala, a intervención máis persoal destacou por seleccionar seis trazos definitorios do artista, comezando polos atributos que levaron ao autor a crear “escultura en madeira e bronce; pintura en acuarela, pastel ou óleo; debuxo en carboncillo, gravado sobre pedra, metal e madeira: que é o que non aprendeu a facer Braxe de xeito autodidacta?”

Entre a enumeración tamén resalta o feito de que a súa arte “non se vende”, en ningún sentido, xa que, precisamente por agasallar sempre a súa arte, sen perseguir negocio algún ao crear, conseguiu unha sinatura “realmente libre”, que coa súa linguaxe expresou “a marea negra do Prestige, a guerra de Irak, o cambio climático, os fluxos migratorios... Braxe é un artista que dialoga co entorno”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620