Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Vicente Araguas: “É un libro escrito en quente, logo dureza haina, a xusta e necesaria”

O escritor de Neda vén de publicar o poemario ‘No se haga daño a los cucos’ 

Vicente Araguas
Vicente Araguas, na redacción de Diario de Ferrol
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Na editorial Pigmalion publica Vicente Araguas o seu último poemario, unha obra especial por estar centrada exclusivamente nas consecuencias ou, como el mesmo di, os danos colaterais, dunha ruptura sentimental. Hai certa dureza na forma e tamén na mensaxe, un calificativo que non agocha o escritor nedés pero que o considera necesario para pechar unha etapa, intensa e feliz, da súa vida.

“Logo de ‘Que voy de vuelo’, ‘Ronsel de prata vella’ ou ‘Variaciones Goldstein’”, explica, “non había outra maneira de ceibar un adeus coa meirande dignidade”, sinala, sen ocultar o que realmente parece, un “libro-terapia” que combinou “xunto coa práctica da natación e as conversas distendidas con quen mellor escoitan: mulleres, mulleres, mulleres”.

No que respecta ao ton dos poemas, Araguas admite que “se cadra si hai dureza, mais a xusta e necesaria nun libro escrito en quente, pero tamén coa dose precisa de misterio, algo que considero imprescindible cando hai danos colaterais, como é o caso. E cito a Zitarrosa: “No hay dolor más atroz que ser feliz”, oxímoro nidio e fundamental para entender este libro”.

Unha das primeiras recensións do libro é a de Paco Pastoriza, profesor da Complutense e xornalista cultural, que compara o amor e o desamor co cauce dun río. Considera o crítico ‘No se haga daño a los cucos’ o mellor poemario de Araguas. “Poidera”, di o autor, “se cadra porque eu viña de cantar ‘Cantemos al amor de los amores’ e agora era o tempo de liscar dunha morada pola escada de incendios”.

Araguas volve recorrer ás metáforas ígneas para falar do ‘trauma’, en sentido científico, da ruptura. “É imposible distanciarse cando a casa arde, e é preciso marchar deixando atrás todo agás a decencia. De feito, agora, na novela ‘Días de Olomouc’ –a localidade checa do seu triángulo vital último–, onde nerudianamente “explico algunas cosas”, prima a épica riba da lírica, pero iso é outra historia”. Con todo, o autor nedés bota man dunha frase de Brigitte Bardot –“Cada vez que me namoro penso que é para sempre”– para resumir, desde unha óptica terapéutica, a orixe deste poemario.

"O poeta é un finxidor"

No tocante á elección do título, Araguas afirma que “hai quen en Moravia foi, hoxe calquera sabe, Kuko. De cativo, este nachiño de Neda era Cuco, porque “en abril saíu o cuco do cubil”, o demais, xa se sabe. Ou non”.

Que é literatura e que é historia é unha das preguntas que xorden sempre ante a obra dun escritor que non agocha a cerna do trauma. “Depende”, di. “Pessoa deixou dito que ‘o poeta é um fingidor’, mais Pessoa, disque, morreu virxe. E iso tampouco”. Do mesmo xeito, o autor sinala que “o amor non ten só ética, tamén estética, e niso andamos. Os vellos, máis aínda, porque, como dicía o outro, cómpre non perder a perspectiva”.

En ‘No se haga daño a los cucos’ está o Araguas máis persoal e por iso estivo dubidando se publicar o poemario polos mesmos cauces que os anteriores. “De primeiras ía saír en edición privadísima”, di, “pero, en trasacordo, e poisque as feras xa estaban ben mantidas, optei pola publicidade. E, por certo, que o libro abre con palabras en tanxente. E morre, case, cun poema de amor, ‘Con letras K y V’, para K, o mellor que lera en toda a súa vida”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620