Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Revolución Galega

César Caramés, investigador: “Non sae no documental, houbo ferroláns revolucionarios buscados”

O director de ‘1846 Revolución Galega’ investiu 12 anos no seu estudo, que amais do filme tamén deu outros froitos que amplían os coñecementos recollidos no filme

O documental de Caramés xurdiu precisamente despois de realizar un vídeo sobre o tema para o seu alumnado
O documental de Caramés xurdiu precisamente despois de realizar un vídeo sobre o tema para o seu alumnado
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O profesor e investigador que dirixe ‘1846 Revolución Galega’ comezou a lanzar nas redes sociais unha serie de contidos ao respecto deste tema, hai dous anos, co obxectivo de espertar interese de cara á publicación dun libro, que estima rematar a finais deste 2026. Entre as publicacións de César Caramés había un vídeo que realizou para o seu alumnado, e foi así como lle chegou a proposta do documental por parte da Fundación Galiza Sempre, que é só unha parte dos froitos de máis dunha década de pesquisas. 

A cidade de Ferrol “non conseguiu sublevarse”, concreta o autor, por mor do poder que tiñan os militares nesta zona, “que reprimiron a calquera intento e ademais dispararon un canonazo ao exército rebelde cando se lles aproximou” nun intento. Aínda así, o investigador atopou documentación que dá conta de que houbo “revolucionarios ferroláns buscados despois, nos meses seguintes”, por apoiar o movemento, unha información que “no documental non sae”.

No audiovisual si que aparecen, da man de Juan Renales, varias mencións ao xornalista, escritor e historiador ferrolán Benito Vicetto, descrito como unha persoa “que di especificamente que foi a revolución do 46 e que fixo que el abrazase a causa da independencia da Galiza o resto da súa vida”.

Así mesmo, preto de Pontedeume ocorreu “un enfrontamento militar importante co batallón de Málaga, que vai reforzar o exército que está en Ferrol”, e nese momento as forzas revolucionarias, nomeadas na documentación como “Ejército Libertador de Galicia”, atácaos na Ponte do Porco e captúranlles 110 prisioneiros.

A Revolución Galega tería unhas consecuencias “terribles”, xa que a represión foi “tan forte que provoca que o seguinte movemento galeguista que aparece, que é o Rexurdimento, a xeración seguinte a esta, a do 56”, fose máis moderada politicamente. Nese ano celebrouse o popular Banquete de Conxo que, tal como desvela o documental, organizouse para conmemorar o que pasara facía unha década.

Desta maneira muda a historia que se adoita estudar nas aulas e que o alumnado de Caramés puido coñecer en primicia, entendendo agora que esa xeración representada por Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal é “unha especie de saída cara á literatura, cara ao culturalismo” do que antes fora un movemento político-militar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620