Ferrol
‘Así chegou a noite’ preséntase este venres nos Duplex coa presenza do seu director, Ángel Santos
A proxección comeza ás 17.45 horas

Un fotograma do filme que se proxecta este venres nos Duplex
Cedida
‘Así chegou a noite’, a nova longametraxe de Ángel Santos, chegou esta semana á carteleira e nos Duplex, ademais, farao dunha maneira especial, cun pase ao que asistirá o propio director para compartir impresións e experiencias co público que acuda a ver o filme este venres, 1 de maio, ás 17.45 horas.
Protagonizada por Denís Gómez e Violeta Gil, a película aborda o illamento voluntario dun artista nunha aldea galega. A chegada dunha antiga amante situará o protagonista ante un dilema.
‘Así chegou a noite’ foi gañadora da categoría de mellor dirección no Festival Internacional de Gijón e na sala ferrolá poderá verse tamén o sábado ás 18.50, o domingo ás 18.15 e de luns 4 a xoves 7 de maio, sete menos dez da tarde.








