Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Teatro

Sarabela Teatro estrea no Jofre ‘O dragón de ouro’, unha peza creada para abanear conciencias

A obra orixinal está asinada polo autor alemán vivo máis representado a nivel mundial, Roland Schimmelpfenning, que a compañía levou por primeira vez ao galego

Sarabela Teatro en escena coa obra 'O dragón de ouro'
Sarabela Teatro en escena coa obra 'O dragón de ouro'
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Sarabela Teatro representará este sábado 11, ás 20.30 horas, ‘O dragón de ouro’, unha obra do autor alemán vivo máis representado a nivel mundial, Roland Schimmelpfenning, que esta compañía levou ao galego por primeira vez. A peza adoita describirse como unha traxedia contemporánea performática cun ton grotesco, na que os actores e actrices fan gala dunha enorme capacidade para cambiar de identidades, xéneros e idades.

Ambientada nun punto indefinido de Europa, a proposta vai entrecruzando historias a partir dunha primeira acción nun restaurante chinés, na que un mozo sen permiso de residencia e cunha irmá desaparecida comeza a sentir unha forte dor de moas durante a súa xornada de traballo. Son cinco actores os que se ocupan dos 17 papeis existentes, que van aparecendo nunha trama composta por 48 escenas nas que se interpretan o mesmo número de puntos de vista.

A partir do primeiro escenario, misturando partes de fantasía e de realidade, artellando unha serie de metáforas como pode ser a devandita dor de moas, abórdanse temas moi presentes no debate social como a ilegalidade na inmigración, a prostitución forzada ou a natureza das relacións humanas.

O dragón de ouro’ recibiu o Premio da Cultura Galega nas Artes Escénicas e está recomendada pola Red Española de Teatros y Auditorios.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620