Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Presentación

Duarte Correa presenta en Ferrol ‘O imperialismo no século XXI’, en conversa con Manuel Rei

A obra publicada por Tempo Galiza Editora lévase ao Antigo Hospicio este mércores

Duarte Correa Piñeiro nunha presentación anterior
Duarte Correa Piñeiro nunha presentación anterior
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Sociedade Cultural Medulio organiza este mércores 8, a partir das 18.00 horas no escenario habitual desta asociación, situado no Antigo Hospicio, a presentación do libro ‘O imperialismo no século XXI’, publicado por Tempo Galiza Editora. No encontro, o autor, o profesor de Xeografía e Historia Duarte Correa Piñeiro, será entrevistado por Manuel Rei Romeu.

Neste exemplar que se dará a coñecer na cidade, cóntase que “falar hoxe de imperialismo é falar dunha realidade presente que debemos entender para comprender tamén como afecta ou pode afectar a nosa vida cotiá”. Así, o texto “analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumentos dos Estados Unidos nun momento en que esta potencia tenta soster unha hexemonía en declive”.

Ademais, o escritor reserva un espazo no texto para falar da “chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando o que se oculta tras estes discursos”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620