Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Artábria reivindica a vixencia de Carvalho Calero 36 anos despois do seu pasamento

A entidade reclama a recuperación urxente da casa natal do escritor

Homenaxe a Carvalho Calero, este domingo
Homenaxe a Carvalho Calero, este domingo
Mario Martinho
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Diante das ruínas da súa casa natal, entre as rúas San Francisco e a Praza Vella, varias decenas de persoas convocadas pola asociación cultural Artábria participaron este domingo nun acto de homenaxe ao escritor e catedrático ferrolán Ricardo Carvalho Calero no trixésimo sexto aniversario do seu pasamento. O grupo de música tradicional da entidade e os poemas recitados por Pim Patinho, Francisco Gil Vázquez, Antón Cortizas e Helga Méndez, todos eles cun casco de obra na cabeza, deron paso ao discurso de Silvia Bogo, que lembrou todo o traballo que desde a súa constitución, primeiro como fundación e logo como asociación, leva feito Artábria na memoria e reivindicación da figura do intelectual de Ferrol Vello.

Bogo sinalou que o proxecto de casa-museo “nunca interesou”, malia terse formalizado a adquisición das parcelas e mesmo consignarse a partida orzamentaria para principialo. Nesa liña, a portavoz de Artábria esixiu “a inmediata posta en marcha da recuperación deste predio” porque, engadiu, “queremos unha cidade viva culturalmente, orgullosa de persoas como Carvalho Calero. Non queremos unha cidade cuxo silencio se rompa só coa Panorama ou con celebracións católicas”.

Para rematar, Silvia Bogo quixo agradecer en nome da entidade á que representa a solidariedade “que nos mostraron diferentes colectivos, medios de comunicación ou institucións, como o Concello de Ferrol, ante o ataque sufrido” o pasado sábado polo seu centro social. “Non pasarán!”, concluíu. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620