Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Nova web

Galletas da fortuna coas súas frases, videoxogos e máis recursos interactivos, no fanzine dixital ‘BegoZine’ que lembra a Begoña Caamaño

Detrás deste proxecto sobre a homenaxeada nas Letras Galegas 2026 está un grupo do alumnado do CIFP Leixa

Integrantes do equipo creativo, que cursan o ciclo Superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia
Integrantes do equipo creativo, que cursan o ciclo Superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Dende hai uns días está dispoñible un innovador “fanzine multimedia” elaborado por alumnado do CIFP Leixa, que proporciona distintos recursos interactivos para achegarse á vida e obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano: ‘BegoZine’.

Este proxecto inspírase nos “fanzines” en papel, publicacións de carácter independente que a miúdo se elaboran de xeito colaborativo e non adoitan ser de tipo profesional. Así, cada un dos integrantes do equipo, estudantes do segundo curso do ciclo Superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia, ideou e plasmou dentro do recompilatorio algunha das experiencias virtuais ás que se pode acceder a través do enderezo cifpleixa.gal/begozine/.

Concretamente, o proxecto foi realizado por alumnado do módulo de Deseño e planificación de produtos editoriais multimedia, que, durante o proceso, ademais de ter investigado arredor da figura de Begoña Caamaño tamén tivo a oportunidade de involucrarse na coordinación dun proxecto complexo, no sentido de que foi realizado por unha ducia de persoas.

Contidos

Os recursos que ofrece a plataforma ‘BegoZine’ son moi diversos, incluíndo vídeos, o videoxogo ‘Morgana en Esmelle’, un mapa da parroquia, sete pasatempos diferentes, o conto infantil ‘A nena que escribía o mundo’, un xogo de galletas da fortuna con frases inspiradoras da escritora ou a historia interactiva ‘Buscando o pracer azul’ na que o usuario ou usuaria decide o camiño a tomar, por exemplo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620