Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Música clásica

No auditorio José Arriola do Xan Viaño soa a ‘Música Mestra’ das grandes compositoras

O concerto terá lugar este mesmo mércores 18, no mesmo escenario que se poderá escoitar o luns 23 o Cuarteto de piano nº 2 en la maior de Brahms

Auditorio do CMUS Xan Viaño, Pequebandas
Auditorio do CMUS Xan Viaño, Pequebandas
Martín Barreiro
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O auditorio José Arriola do CMUS Xan Viaño abre as súas portas nuns días especialmente activos que xa comezaron o luns cunha audición de violín e continuaron onte co Intercambio Pequebandas. Este mércores 18, ás 18.00 horas, terá lugar o concerto de compositoras ‘Música Mestra!’ e na programación destaca tamén a actuación de música de cámara que se desenvolverá o próximo día 23, ás 18.30.

Este encontro que tivo lugar o martes reuniu sobre o escenario do conservatorio ferrolán á Pequebanda do centro e, como convidada, á Banda Infantil do CMUS Profesional da Coruña.

O alumnado do Xan Viaño tamén participou na iniciativa á que se lle dá continuidade agora de novo baixo o nome de ‘Música Mestra!’, que por primeira vez deu a coñecer as obras de compositoras da historia da música no teatro Jofre.

A actividade musical continuará o luns 23 cun concerto de música de cámara a cargo dun cuarteto de corda e piano, que estará integrado pola profesora de viola Inés Picado Molares, que estará acompañada de Pedro Rodríguez, violinista; Millán Abeledo, violoncellista, e Javier López, pianista. Neste encontro, o público poderá escoitar da man destes intérpretes o Cuarteto de piano nº 2 en la maior de Brahms.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620