Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Parlamento aborda o mércores a relación entre Carvalho Calero e Otero Pedrayo

A sesión principiará ás 10.00 horas e incluirá unha conferencia de Aurora Marco e dúas mesas redondas

Imaxe de arquivo dunha mostra sobre Carvalho Calero no marco das Letras
Imaxe de arquivo dunha mostra sobre Carvalho Calero no marco das Letras
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Parlamento de Galicia conmemora este mércores, día 18, os 50 anos do pasamento do ourensán Ramón Otero Pedrayo e o centenario do ingreso do ferrolán Ricardo Carvalho Calero na Universidade de Santiago de Compostela cunha xornada que leva por título ‘Memoria dunha fonda relación’ e que incluirá unha conferencia de Aurora Marco e dúas mesas redondas. 

O acto comezará ás 10.00 horas. A presentación académica da cita correrá a cargo da profesora da UDC e escritora Pilar García Negro, que dará paso á intervención de Aurora Marco, docente na USC, que leva por título ‘Carvalho Calero inicial e iniciático’

Nas mesas redondas falarase sobre ‘Carvalho escritor e profesor’, por unha banda, e arredor da relación entre ámbolos dous protagonistas. Na primeira participarán os catedráticos de Literatura Xosé Luís Axeitos e Manuel Castelao Mexuto e na segunda, Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Otero Pedrayo; Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da UDC, e a xornalista Maribel Outeiriño. 

Tralas mesas haberá un coloquio aberto no que poderá participar o público que o desexe e rematará coas intervencións de Margarida e María Victoria Carballo Ramos, fillas do ferrolán, e de Miguel Santalices, presidente da Cámara galega. 

O Parlamento autonómico aprobou na última sesión plenaria do ano pasado, co apoio unánime dos tres grupos –PP, BNG e PSdeG–, a declaración de 2026 como Ano Oteriano, por se cumprir cinco décadas desde o seu falecemento e un século da publicación duha das súas obras máis senelleiras, a ‘Guía de Galicia’

Carvalho e Otero, pero tamén Rosalía e Castelao, teñen desde o mes de setembro cadansúa cátedra na Universidade de Santiago. Creáronse para profundizar e impulsar o coñecemento do seu legado artístico e intelectual. 

En 2021, a Academia Galega publicou un volume sobre os vinte e cinco anos de relación por carta entre os protagonistas da xornada do mércores, titulada ‘Polos camiños das horas. Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo’, coordinado por Henrique Monteagudo. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620