Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Metodoloxía da Ciencia

As Xornadas de Filosofía da Medicina pechan con poñentes de Liverpool, Barcelona e Utah

Thomas Schramme estrea este venres o último día do programa, que se desenvolve durante a mañá e a tarde no Campus

12/03/2026 22:14
Xornadas de filosofía da Medicina
Atocha Aliseda, da Universidad Nacional Autónoma de México
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía –Cifcyt– da UDC, en colaboración coa Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia de España, organizan as Xornadas de Filosofía da Medicina no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol. Neste escenario inaugurouse este xoves o evento, que pechará este mesmo venres 13 coa participación de tres poñentes durante todo o día.

Este ano reúnense 50 participantes, a maioría alumnado de programas de doutoramento da UDC e tamén dos graos en Xestión Dixital de Información e Documentación e Relacións Internacionais, que se imparten na Facultade de Humanidades de Ferrol. Tamén se inscribiron profesorado e persoal investigador da USC, Madrid e Valladolid, entre outras, ademais de membros da ONG Ayuda en Acción e sanitarios do Sergas.

Programa

O vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas, e a directora do Centro de Bioética, Saúde e Sociedade no Wake Forest College, en Carolina do Norte, Ana Lucía Smith, inauguraron onte as Xornadas sobre Filosofía da Medicina, que coordina o catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia e profesor da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González. Este profesional encargouse de avanzar os temas a tratar no encontro, nos que se atenderá especialmente á chamada nova medicina e á Bioética Médica.

Pola súa parte, Puertas destacou que “non pode haber boa medicina sen unha boa ciencia, pero tampouco sen unha boa reflexión sobre os seus fundamentos, os seus límites e as súas consecuencias”.

Este venres, ás 10.00 horas, comezará a falar de diagnóstico computarizado Thomas Schramme, da University of Liverpool, para continuar ás 12.00 Aquilino Cayuela, da Universitat Abat Oliba de Barcelona, con bioética e xustiza. Jonah N. Schupbach, de The University of Utah, ocuparase do último relatorio até que, a partir das 20.45, procederase á entrega de diplomas dentro da ceremonia de clausura.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620