Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cinema

Os contos do Alentejo feitos película por Maureen Fazendeiro, en coloquio no Duplex Cinema

Este mércores estréase ‘As Estações’, que mestura historia real con lendas e imaxes de afeccionados con outras científicas

A estrea de ‘As Estações’, unha “película arqueolóxica”, realizarase en versión orixinal subtitulada
A estrea de ‘As Estações’, unha “película arqueolóxica”, realizarase en versión orixinal subtitulada
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Este mesmo mércores 11 estréase cun pase único no Duplex Cinema, ás 19.45 horas, ‘As Estações’, unha produción que entretece relatos de traballadores rurais e notas de campo dunha parella de arqueólogos, imaxes de afeccionados con debuxos científicos, lendas, poemas e cantigas. Ao remate, abrirase un coloquio en liña coa directora e guionista, Maureen Fazendeiro, que estará moderado por Jesus Silva, da distribuidora La Machina.

“Nos dolmens do Alentejo, falábase alemán” é a noticia que constituíu a primeira idea da película, tal e como explica a propia directora, que lembra a fotografía coa que ía acompañado aquel contido revelador. Nela aparecían os arqueólogos Georg e Vera Leisner, autores do primeiro inventario de monumentos megalíticos da península.

Seguindo os seus pasos, Maureen Fazendeiro elabora o que se daría en chamar unha “película arqueolóxica”, que constituíu a súa primeira longametraxe, e para a que tivo que “escavar” na paisaxe, nas voces e na xestualidade da xente do Alentejo. Deste xeito fóronse revelando os vestixios dun relato que conta con moi distintas capas temporais, levando ao espectador dende a prehistoria europea até a memoria colectiva actual.

Produción internacional

A directora e guionista apoiouse na fotografía de Robin Fresson e Marta Simões, na montaxe de Telmo Churro e ela mesma, no son estiveron Luca Rullo, Xavi Souto e Vasco Pimentel, e a música orixinal foi composta por Luís J. Martins.

Ademais da distrubución de La Machina, ‘As Estações’ contou coa coprodución de catro sinaturas internacionais: o selo galego Filmika Galaika, o portugués O Som e a Fúria, o francés Norte Productions e o austríaco Nabis Filmgroup.

No elenco deste filme figuran nomes como os de Simão Ramalho, Cláudio da Silva, Ana Potra, Manuel Leitão, António Sozinho, Gerti Drassl e Michaela Kaspar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620