Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Concerto

A revolución da nova música galega que é Carabela actúa neste Xoves da Capela

O escenario do Torrente Ballester acolle esta banda de Noia que colaborou con Mercedes Peón

Media Carabela son Ana Moas (voz) e Alba Burke (teclado e sintetizadores)
Media Carabela son Ana Moas (voz) e Alba Burke (teclado e sintetizadores)
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Unha das grandes revelacións da nova música galega, Carabela, subirá este xoves 12, ás 20.30 horas, ao escenario do Centro Torrente Ballester dentro do ciclo municipal Os Xoves da Capela, que dá preferencia a grupos da escena local e galega.

Esta agrupación de Noia, con influencias que van dende Néboa e Mercedes Peón, con quen actuaron en directo o ano pasado, até Slowdive ou Radiohead, asenta as súas raíces nos xéneros pop, electrónico e tamén no tradicional.

Os integrantes deste proxecto, Ana Moas, Pablo Agra, Alba Burke e Pablo Pazos, están máis que preparados para este concerto despois de ter pasado por escenarios como os do Facela Fest, Osa do Mar, Maré ou o Festival de Cans. Unha vez sacaron o seu primeiro EP (‘Nó’, 2023), que xa estrearon no teatro Colón, foron finalistas nos Martín Códax da Música e ao ano seguinte lanzaron outro traballo (‘A noite’, 2024), que lles outorgou o Narf.

Entre as producións de Carabela destaca o posterior ‘Club A Noite’, un álbum de remixes para o que contaron con colaboracións de diferentes artistas destacadas do panorama electrónico galego como Elba, Juait ou Remora, entre outros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620