Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Día das Mulleres

Sesión vermú con Lidia India para comezar esta xornada de 8-M no local de Artábria

Dende a asociación cultural animan a participar na manifestación da Marcha Mundial das Mulleres e critican que a entrega do "merecido" premio a María Manuela coincida coa mobilización

Lidia India actuando na capela do Torrente Ballester
Lidia India actuando na capela do Torrente Ballester
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Dende Artábria secundan a sentenza de Emma Goldman “se non podo bailar non é a miña revolución” e propoñen comezar a xornada deste domingo, 8 de marzo, cunha sesión vermú a cargo da cantante, música e compositora ferrolá Lidia India. Ademais, a asociación cultural aproveita para chamar á participación na manifestación da Marcha Mundial das Mulleres, con saída ás 19.00 horas da praza Amada García, e critican “a contraprogramaçom da mobilizaçom convocada”.

A xornada revolucionaria estrearase á 13.00 horas a ritmo de sons afrobrasileiros que se misturan tanto con estilos contemporáneos como con trazos da música tradicional galega.

Por outro lado, Artábria realiza un comunicado no que valoran o “merecido reconhecemento á cantora ferrolana Maria Manuela”, que recibirá o Premio 8M este mesmo domingo, no teatro Jofre. Non obstante, apuntan que “também queremos somar-nos às vozes que tenhem criticado a falta de visibilidade dos atos desta jornada por parte do governo municipal”, poñendo especial atención ao feito de facer coincidir o acto de entrega do galardón, que dará comezo unha hora antes do inicio da manifestación da Marcha, o que consideran que dificulta a asistencia ás dúas citas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620