Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Homenaxe

Alumnado do Sofía Casanova protagoniza o acto na honra do “mito” de Rosalía de Castro

O Concello de Ferrol celebrou este mesmo martes o nacemento desta escritora lembrando a súa personalidade “irreducible”

salón recepcións Concello Ferrol acto homenaxe Día Rosalía de Castro
salón recepcións Concello Ferrol acto homenaxe Día Rosalía de Castro
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O 139 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro foi conmemorado este mesmo martes polo Concello de Ferrol cun acto protagonizado por alumnado do IES Sofía Casanova, non só pola súa intervención final coa lectura de poemas en grupos, senón tamén integrando a maior parte do público.

Tal como lembrou o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, a participación de novas xeracións foi fundamental porque “sempre quedará algo do que aquí digamos” gravado na memoria destas mozas e mozos, acreditándoo coa súa propia experiencia persoal.

Despois de inaugurarse o encontro coa interpretación de “Campanas de Bastabales” por parte de Julia Mª Dopico Vale, acompañada ao piano, deuse paso á profesora, xa xubilada, Ángeles Seoane, que ademais foi alumna do Sofía cando levaba o nome de Camilo Alonso Vega.

Foi esta relatora a que declarou que Rosalía “é un mito”, unha muller cunha personalidade “moi difícil de ser reducible”, coa que “todos” se poden identificar. Así, repasou á súa biografía atendendo aos momentos que influirían a escrita de obras clave na súa traxectoria como “Cantares gallegos” ou o “Negra sombra” que sustitara tantas teorías.

Nosa identidade como galegos pasa por recoñecer que Rosalía de Castro é a muller que, superando unha lingua vernácula maltratada, superando a súa condición sexual de muller e a misoxinia imperante na época e superando o complexo de inferioridade que tiñamos os galegos, fixo dos ‘Cantares gallegos’ a nosa epopea universal”, unha obra que xa fora traducida no momento e a día de hoxe está “en todas as linguas de cultivo literario”, manifestou Seoane.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620