Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Oito comparsas repártense os premios dun Entroido de Ferrol 2026 que saíu ás rúas sen medo a mollarse

As agrupacións reuníronse con certa incertidume por se sairía ou non o desfile, que tivo que ser acurtado

Entroido de Ferrol
A choiva baixou a intensidade ao comezo do desfile
Emilio Cortizas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A xornada principal do Entroido ferrolán 2026 tivo lugar este luns con pequenas modificacións sobre a marcha, despois de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a acurtar o desfile polas rúas do centro unha vez iniciado o itinerario. 

As comparsas congregáronse na praza de España, o punto de partida do pasarrúas, que remataría en Armas antes do previsto, adiantando así mesmo as actuacións das agrupacións participantes no festival. 

Desta volta, foron oito os premios que se repartiron no certame entre As Xoaniñas de Chao (vestiario), Las Chinchetas de Meicende (posta en escena), Tróupele Tróupele (letra), A Revolta de Trasancos (orixinalidade), A Canteira (a máis divertida), Os Argalleiros (mensaxe), Carochas (espírito do Entroido) e As Beibis, polo uso da lingua. 

O festival fixo subir ao escenario a 15 agrupacións, a cifra máxima permitida, procedentes de distintos puntos da comarca. En cinco minutos de actuación, puideron lucir os seus disfraces baixo a protección da carpa, ao mesmo tempo que compartían co público as cantigas e parodias preparadas por cada unha para a ocasión. 

Continuando a tradición, as letras sobre temáticas de actualidade foron protagonistas, con propostas que fixeron alusións tanto á política local (A Canteira do Puntal, Os Parrandolos ou A Revolta de Trasancos, entre outras) como internacional (Fene Baila), e outras tamén que destacaron por focalizar no espírito “entroideiro” que as une a todas (Os Argalleiros). 

Última oportunidade

A programación do Entroido 2026 en Ferrol non remata até a celebración do Enterro da Sardiña, o encontro que despraza anualmente a festa ao barrio de Ultramar e que este ano coincidirá o venres 20. 

Entroido de Ferrol
Arán López coas concelleiras Mar López e Nerea Purriños, ademais da presidenta da AVV de Ultramar, Natalia Ares
Emilio Cortizas

Para comezar a xornada, o Concello propón unha festa infantil de temática Disney, de 17.00 a 19.30 horas, con distintas actividades para o público máis pequeno, antes de iniciar o pasarrúas polo barrio, previsto para as 20.15. 

Calcúlase que o Enterro da Sardiña realizarase arredor das 23.00, constituíndo unha xornada de despedida na que volverán subir ao escenario as comparsas e grupos

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620