Historia
Carlos Aymerich, profesor da UDC, presenta en Ferrol o libro “Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina”
O encontro terá lugar no centro social Artábria

Imaxe dunha mostra no local da asociación Artábria
Daniel Alexandre
O profesor da Universidade da Coruña Carlos Aymerich presentará en Ferrol, este venres 28 no centro social Artábria, ás 20.00 horas, a obra de Ilan Pappé que se ocupou de traducir ao galego, “Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina”.
Neste exemplar quedan plasmadas as raíces coloniais do enfrentamento, desmontando o mito sobre a súa complexidade.






















