Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
"Fantasía Castelao"

O galego con acento arxentino resoa nun teatro Jofre ateigado na homenaxe a Castelao

Este sábado, unha obra de Pim Patinho reviviu o teatro multidisciplinar que soñaba o rianxeiro para a súa terra

As voces do Xan Viaño abriron a obra coa “Rianxeira” e Pepablo Patinho interpretou a Castelao vido do alén
As voces do Xan Viaño abriron a obra coa “Rianxeira” e Pepablo Patinho interpretou a Castelao vido do alén
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Cuerda Floja ocupouse onte da retransmisión en directo, amais dos efectos visuais, de “Fantasía Castelao”, posibilitando que cruzase o océano até Bos Aires, onde un grupo de alumnos e alumnas presentaron a peza representada en Ferrol por un equipo diverso, integrado por profesionais e amadores. O Jofre foi o escenario elixido para realizar esta homenaxe por parte do Concello, en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

En representación deste colectivo, presentou o primeiro pase Xil López, que agradeceu o compromiso dos concelleiros implicados (Política Lingüística e Cultura) e Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, membro da Real Academia Galega, mestre de lingua e director do centro educativo galego-hispano-arxentino Santiago Apóstol que coordinou o proxecto dende Bos Aires. Así mesmo, fixo fincapé no labor realizado por Pim Patinho, “non soamente, que é moito, por escribir unha obra tan fermosa, senón tamén levala a cabo”.

Despois de apelar ao público a que interiorice mensaxes do homenaxeado como “se aínda somos galegas é por obra e graza do idioma”, interviu o alcalde, José Manuel Rey Varela, que achegou a chave dunha obra “que nos permite coñecer a fantasía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”. Este soño consistía nun teatro novo para a súa terra, no que confluíran múltiples artes como aconteceu neste caso, grazas á participación de máis de 100 coristas e os bailaríns Adrián Fonticoba e Cecilia Aneiros.

Retransmisión

Os arxentinos, a través da pantalla, precederon ao comezo da “fantasía”. Falando por quendas dende a sala Castelao do Centro Galego, deron aos ferroláns mensaxes como “defender o galego é un acto de vangarda”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620