Comeza o último mes para desfrutar do outono galego co bono turístico
Máis de 16.000 persoas participan na iniciativa, o que supoñe unha inxección ao sector de 2,5 millóns

Spas e hoteis, cabanas e pazos, balnearios e casas rurais, a oferta turística de Galicia é tan ampla e variada que calquera atopará nela xusto o que está a buscar.
Invitar a que os galegos descubran a amplia variedade de aloxamentos e paisaxes que a comunidade ofrece no outono é unha das misións do bono turístico, que entra nestas datas na súa recta final.
En pouco máis dun mes finalizará o prazo para que os usuarios desfruten da iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que, nesta edición, conta polo de agora con máis de medio millar de establecementos adheridos.
En total, descargáronse 16.666 bonos que supoñen unha inxección ao sector de dous millóns e medio de euros dos cales Turismo de Galicia financia un Cada persoa puido acceder a un máximo de dous bonos, cada un dun importe de 150 euros, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polas persoas solicitantes.
As persoas que aínda non fixeron uso do programa teñen a súa disposición 556 establecementos das catro provincias: 219 na Coruña, 102 en Lugo, 74 en Ourense e 161 en Pontevedra.
Tendo en conta a situación deste ano tras a vaga de incendios do verán, desde Turismo de Galicia anímase mediante accións promocionais a que os usuarios invertan o bono en establecementos de concellos afectados polo lume, nun intento de reactivar a actividade turística destas zonas. Ademais, lémbrase que está aberto o prazo para que os establecementos poidan adherirse a este programa ata comezos de decembro.
A Xunta fomenta con esta iniciativa, que xurdiu en 2020, a desestacionalización e desconcentración do destino Galicia, fomentando a visita en épocas fora da tempada alta. Desde que se puxo en marcha este programa son activáronse máis de 63.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 16,5 millóns de euros no sector turístico galego. Deles, 2,5 millóns de euros foron só en 2024 cando tamén participaron máis de 400 establecementos de toda Galicia.
Os bonos turísticos xurdiron no contexto da pandemia de covid-19, co obxectivo de dinamizar o consumo turístico nun momento de baixo movemento. Desde entón, a iniciativa evolucionou ata consolidarse como un referente na promoción do turismo fóra da temporada alta, que fomenta ademais o sector turismo e as viaxes dentro da propia comunidade.
A aceptación da iniciativa entre a cidadanía superou as expectativas, na edición deste ano, en apenas tres días os galegos adquiriron os 16.666 bonos disponibles. Transcorridas só tres horas desde a súa apertura da web para a descarga, xa se contabilizaran 7.000 descargas.
Outro dato que creceu exponencialmente é o número de establecementos e empresas turísticas de toda a comunidade, algo que contribúe a que os participantes no programa dispoñan cada ano dunha variedade maior de propostas.
No programa participan os establecementos da comunidade autónoma e axencias de viaxes que teñen un centro de traballo en Galicia e desenvolven as súas actividades dentro do sector turístico vinculado á comunidade. Todos os participantes están tamén dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).
Desestacionalización
Este ano os bonos estiveron dispoñibles para a súa descarga desde as 09.00 horas do 18 de xullo na web www.bonoturismo.gal. Deste xeito, Turismo de Galicia incentiva a desestacionalización na comunidade mediante o cofinanciamento de estancias e actividades, prolongando así a actividade turística fóra de tempada e dinamizando a economía e o emprego no sector.
Nesta edición movilizáronse máis de 16.000 bonos en formato código QR. Cada participante na iniciativa tivo acceso a un máximo de dous bonos dun importe de 150 euros cada un, cofinanciados nun 40% pola Xunta e nun 60% polas persoas solicitantes. Estas últimas abonan 90 euros por cada bono, 180 euros no caso de que accedan aos dous máximos, que lles facilitarán ata 300 euros para gozar dunha estadía este outono nalgún dos establecementos participantes no programa.






















