Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Música

Un obradoiro de percusión tradicional de balde celebra o Día da Música no barrio da Magdalena

A proposta tamén inclúe a actuación da rondalla Bohemios no Casino Ferrolano

19/11/2025 21:08
A rondalla Bohemios participará neste encontro polo Día da Música
A rondalla Bohemios participará neste encontro polo Día da Música
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A AVV da Magdalena convida a celebrar o Día da Música este sábado con distintas actividades. Por unha banda, organízase o obradoiro gratuíto “Descubrindo a percusión galega” e por outra, a partir das 20.00 no Casino Ferrolano, actuará a rondalla Bohemios e entregaranse insignias ao maquetista Carlos Macías, ao compositor Miguel Brotóns e á pregoeira deste ano, Patricia Cupeiro.

O curso será impartido por Emilio Romero, que guiará un encontro no que se construirá un pequeno tambor e que contará cunha mostra de instrumentos na sede da asociación (Galiano 26, de 11.30 a 13.30 horas). As persoas interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao 678 466 120, debido a que as prazas son limitadas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620